Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos

Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos é un programa de acompañamento para apoiar o impulso de empresas cooperativas en ámbitos e actividades económicas estratéxicas en Galicia e ás novas necesidades comunitarias.

EspazoCoop elaborou unha colección de Plans Estratéxicos en 2022 nos ámbitos da economía circular, novo rural, cohousing, coworking, coidados, e cultura. Partindo deste traballo, continuará, a través deste programa, coa activación de procesos que estimulen o uso do modelo cooperativo para construír proxectos.

Consta de dúas liñas de actuación:

1| Encontros sectoriais, ou temáticos.

Encontro I : Sector Cultura | 26 de setembro de 2023 | Programa | Cartel | En Santiago de Compostela.

 

Encontro I: Sector Novo Rural | 3 de outubro de 2023 | Cartel | Telemático

 

Encontro III : Sector Vivenda | outubro 2023 | Telemático

2| Asesoramento.

O acompañamento a proxectos de impulso do cooperativismo en sectores extratéxicos realízase durante 2023 ata setembro-outubro.

Destinatarias: Persoas e entidades vinculadas aos sectores previstos do programa (cultura, vivenda ou novo rural), persoas e entidades prescritoras de procesos de emprendemento empresarial no ámbito socioeconómico e comunitario, ou a grupos promotores de proxectos en cooperativa ou outras fórmulas de economía social.

——

[ Actividades realizadas co apoio e no marco dos programas 2023 da  Rede Eusumo – Xunta de Galicia ]