Feira ESDOMAR 2025 | Sábado 4 de outubro, Vigo

 

 

EspazoCoop colabora con Fundamar na Feira ESDOMAR xunto á Confraría de Pescadores de Vigo, para realizar un ano máis un espazo de promoción da actividade de entidades da economía social vinculada ao mar. Será o vindeiro 4 de outubro de 2025 na Lonxa de Canido en Vigo, e trátase dunha iniciativa realizada co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.

A Feira é un espazo de encontro da economía social para o emprendemento, a inclusión e a promoción da economía circular e os produtos locais da pesca artesanal, e tamén un lugar de encontro e intercambio da Economía Social para tecer rede entre entidades e cidadanía, co obxectivo de fortalecer o ecosistema da Economía Social e o Mar en Galicia.

Cun programa que inclúe:
• Presentacións
• Obradoiros e actividades
• Exposicións
• Espazo de difusión e encontro
• Música
• Gastronomía

Co obxectivo de promocionar os principios e valores da economía social entre a cidadanía, nesta ocasión con especial atención á figura do cooperativismo posto que é o ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS, celébrase esta feira como 2025.

Espazo de difusión e encontro que ofrecerá un lugar onde coñecer e interactuar coas entidades de economía social da nosa contorna.

Programa

12.00h Benvida

12.15h Presentación do proxecto A mar de rico

12.30h Ano Internacional das Cooperativas con Unión de Cooperativas EspazoCoop

12.15-13.30h  Al(gu)imento con Fundamar

12.15-13.30h  O valor do noso entorno con 13 Grados S. Coop. Galega

12.15-13.45h  Artes tradicionais para unha pesca sostible: descubrimos os tesouros da ría cos máis pequenos e pequenas. Coa Confraría de Pescadores de Vigo

13.30-14.30h  Sesión vermú con música de Tanxedoras

15.30-16.00h  Micro aberto: participación das entidades expositoras

16.00-17.00h Presentación de proxectos:

  • ACD-Mar Laboratorio inclusivo do patrimonio cultural marítimo pesqueiro
  • DIADSEA

16.30-17.00h As embarcacións tradicionais con Cabo do Mar

16.30-17.45h O valor do noso entorno con 13 Grados S. Coop. Galega

17.00-18.30h Artes tradicionais para unha pesca sostible: uso actual do saber tradicional e pesca selectiva das especies locais. Coa Confraría de Pescadores de Vigo

17.00-18.30h  Al(gu)imento con Fundamar

17.30-18.30h O cooperativismo do mar con Unión de Cooperativas EspazoCoop. Coa participación de:

  • Ría de Arousa S. Coop. Galega
  • Amegrove S. Coop. Galega
  • Ardora Formación e Servizos S. Coop. Galega
  • Cuarzo Verde S. Coop. Galega

19.00-20.00h Peche con música de Leni Pérez e Roberto Comesaña

👉PROGRAMA COMPLETO> preme aquí 

(cabe destacar que entre as participantes desta edición estarán 11 cooperativas galegas).

VEN GOZAR CONNOSCO!
NON O PERDAS!

 

+ INFO: fundamar@fundamar.org / Tel: +34 986 433 844 (ext. 8) / www.fundamar.org

 


*ESDOMAR é un proxecto de FUNDAMAR, a Confraría de Pescadores de Vigo, e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, financiado pola Rede Eusumo da Xunta de Galicia.