Feira ESDOMAR 2025: Participa! inscricións ata 4 de setembro

 

EspazoCoop colabora con Fundamar na Feira ESDOMAR xunto á Confraría de Pescadores de Vigo, para realizar un ano máis un espazo de promoción da actividade de entidades da economía social vinculadas ao mar. Será o vindeiro 4 de outubro de 2025 na Lonxa de Canido en Vigo, e trátase dunha iniciativa realizada co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.

 

 

A participación en ESDOMAR é gratuíta e a través dela pódese amosar ao mundo a contribución a unha economía máis xusta, solidaria e sostible. A Feira conta con distintas opcións para participar:

  • POSTOS para mostrar e vender produtos e servizos
  • EXPOSICIÓNS para amosar o traballo que realizan as entidades e empresas participantes
  • FALADORIOS para compartir iniciativas, inspirar e xerar debate
  • TECER REDES e crear un espazo de relacións con outras entidades afíns

Unha oportunidade única para darte a coñecer e xerar alianzas que fortalezan a labor do tecido social da contorna.

Animamos ás cooperativas socias de EspazoCoop do sector do mar a inscribirse ata o 4 de setembro para participar en ESDOMAR >> https://forms.gle/U73vqo2uudX3BxVF6

Reserva o teu espazo, sube á onda e se parte do cambio.

EspazoCoop participará na programación da Feira impartindo unha actividade formativa sobre cooperativismo.

ESDOMAR é un proxecto de FUNDAMAR, a Confraría de Pescadores de Vigo, e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, financiado pola Rede Eusumo da Xunta de Galicia.