Emprende en Laranxa: Convocatoria para detectar oportunidades de negocio en Galicia e Norte de Portugal

Emprende en Laranxa é unha convocatoria que lanza a Xunta de Galicia procedente do proxecto de cooperación interrexional “ES-FACTORY” para detectar novas oportunidades e liñas de negocio da Economía Laranxa de Galicia e o Norte de Portugal a través de persoas e entidades que aporten ideas para abordar as necesidades e retos vencellados neste ámbito en relación coa Economía Social.
Podes participar en Emprende en Laranxa presentando a túa idea nesta convocatoria ou participando no evento participativo.
Lugar: Edificio Fontán, Sala de eventos. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Día: 4 de novembro 2024
Horario: 09:30-14:00 horas

Inscrición: neste enlace

Enlace ás bases: Emprende en Laranxa – ES Factory

A economía laranxa refírese ao conxunto de actividades económicas que xiran arredor da cultura, a creatividade, a arte e a propiedade intelectual. Inclúe industrias como o cine, a música, o deseño, a literatura, a moda, a arquitectura, a publicidade, os videoxogos, as artes visuais e ou plásticas, a gastronomía, o turismo cultural e/ou creativo, entre outras. A idea principal é que a creatividade humana, como recurso intanxible, é o motor deste sector económico. Este tipo de economía céntrase na xeración de valor a partir de ideas, coñecementos e talento creativo, máis que en bens materiais.

*A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte do consorcio de entidades socias do proxecto ES Factory.