«Polo desenvolvemento dunha cultura empresarial inclusiva» 24 setembro ás 9:30h

 

Cegasal, a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro, como organización empresarial de carácter multisectorial, é a entidade de referencia, defensa, promoción e representación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro de Economía Social e desenvolve unha actividade de promoción do emprego de calidade de persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social en Galicia.

O 9 de marzo do 2018 entrou en vigor a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP), a Lei que ten como obxectivo fundamental implementar en España unha contratación pública socialmente responsable. Para iso, introduce como finalidade da contratación pública o cumprimento de principios de integridade e promoción de aspectos sociais como medio de lograr a transparencia, igualdade, concorrencia e unha mellor relación calidade prezo.

Dende CEGASAL estamos organizando un almorzo informativo, no que se expoñerán os recursos dos que dispón a administración para empregar na contratación pública, apoiando as posibilidades de emprego das persoas con discapacidade e cumprindo as obrigas que define a LCSP:

· Reserva de contratos a centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción (disposición adicional 4ª da LCSP)

· Reserva de contratos se servicios de carácter social, cultura e de saúde (disposición adicional 48ª da LCSP)

· Reserva de lotes.

· Incorporación de cláusulas sociais

Ademais, tamén se introducen outros aspectos como por exemplo a prohibición de contratar co Sector Publico a aquelas empresas de máis de 50 empregados que non cumpran coa cota legal do 2% de persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal.

Para favorecer a implantación destas ferramentas, CEGASAL quere abrir un espazo de debate coas persoas responsables da contratación a nivel local, por ser protagonistas indiscutibles na posta en práctica destas novidades.

Con tal fin é un pracer para nós convidarlle ao almorzo que terá lugar o día 24 de setembro, as 9:30h en Santiago de Compostela na r/ Dublín, nº3, baixos.

Pode confirmar a súa asistencia no seguinte mail: info@cegasal.com

“Polo desenvolvemento dunha cultura empresarial inclusiva”


Cegasal fai parte do ‘Foro pola Economía Social Galega’ xunto a Agaca, Aesgal, Aeiga e a Unión de Cooperativas EspazoCoop