Xornada 8/xullo/25
+COOP, creamos cooperativas
A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo no período 2024-2025, en colaboración coa Rede Eusumo- Xunta de Galicia, Cepes e o FSE, o PROGRAMA +COOP, que presta apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e con elo acceder ao emprego, mediante unha fórmula do autoemprego colectivo.
+COOP ofrece servizos de orientación, asesoramento e acompañamento especializado a aqueles grupos de persoas que queren emprender, para facer das súas ideas de negocio e da súa actividade profesional, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente.
Os procesos de atención a usurias realizados pola Unión de Cooperativas, son reflexivos e participados, e pasan por distintas etapas antes da constitución da cooperativa, dependendo do grao de maduración do grupo emprendedor e do proxecto, polo que deseña un itinerario personalizado, a medida das necesidades.
Sendo EspazoCooop unha entidade de referencia en Galicia na promoción das cooperativas, e un dos puntos fundamentais aos que acodir para coñecer como poñer en marcha unha empresa deste tipo, o persoal técnico dá o soporte axeitado nas primeiras etapas de vida, axuda a constituíla, a consolidarse, e facilita a opción de formar parte dun grupo amplo de cooperativas coas que poder colaborar e xerar negocio, asociándose á Unión, que ademais, defenderá os seus intereses como entidade representativa que é do cooperativismo galego.
As singularidades das cooperativas como empresas de participación e xestión democrática requiren de apoios que sexan verdadeiramente coñecedores desta fórmula empresarial para darlle as claves oportunas ao grupo emprendedor.
O martes 8 de xullo ás 10 horas en Vigo terá lugar a xornada fin de proxecto: +COOP CREAMOS COOPERATIVAS, do período 2024-2025, destinada a:
- Persoas con idea de emprender en colectivo.
- Cooperativas beneficiarias do programa.
- Persoal técnico de servizos de emprego e emprendemento: técnicas/os de emprego, axentes de desenvolvemento local, profesionais de asesorías e xestorías, profesorado de formación profesional, orientadoras/es laborais…
- Cooperativas de recente constitución non socias.
> Programa da xornada +COOP CREAMOS COOPERATIVAS
> Cartel +COOP CREAMOS COOPERATIVAS
> Inscríbete e participa: neste enlace
Esperámoste! na xornada de intercambio para compartir ideas e recursos, mostrar boas prácticas de creación de emprego, e facer rede!
Deja tu comentario