Consulta á base social de EspazoCoop na Semana de Portas Abertas

 

 

Consulta telemática á base social para planificación 2025

Lanzamos a consulta telemática á base social de EspazoCoop para a planificación de 2025, que nos gustaría que responderades, accedendo neste enlace, para que nos digades: como estades, que precisades e que lle pedides a EspazoCoop.

Aproveitamos tamén para facer unha lembranza das actuacións que estamos a realizar dando resposta a demandas e necesidades identificadas ata agora, preme neste enlace para coñecer as actuacións.

CONSULTA > aquí 

ACTUACIÓNS (demandas e respostas) > aquí

Semana de portas abertas: do 24 ao 28 de febreiro

Ademais, queremos lembrarvos o cambio de domicilio na sede de Santiago de Compostela, agora estamos na rúa República de El Salvador, 3-2ºD, preto da sede anterior. Ademais, no resto de oficinas tamén se realizaron cambios recentes: na Coruña, dende o ano pasado, estase a traballar dende o coworking municipal Accede Papagaio, e en Vigo, a oficina está na rúa Marqués de Valladares, 14-2º oficinas 4-5, dende hai case dous anos.

Por mor de todos estes cambios, e para quen queira achegarse a coñecer as actuais oficinas, ou para recibir as vosas achegas á planificación 2025, imos celebrar unha semana de portas abertas do 24 ao 28 de febreiro nas oficinas, no caso de Compostela compartida con outras entidades e na de Vigo e Coruña, con cooperativas asociadas.

Podedes vir en horario de 12 a 14 h. previa cita, chamando aos teléfonos de EspazoCoop: para Santiago 981 575 578, Vigo 986 866 149 e A Coruña 697 877 773.

NON ESQUEZADES FACER AS VOSAS ACHEGAS
para a planificación de 2025

Grazas de antemán! dispoñer das vosas contribucións e información é importante para acadar os obxectivos e para axustar a folla de ruta a seguir.