No marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2017, Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas pon en marcha a partir de abril o Programa de acompañamento Consolidacoop dirixido a cooperativas para impulsar procesos de mellora e consolidación (nas cooperativas de traballo asociado, consumo, servizos, e outras).
O programa non ten custos para a cooperativa, e entre os seus obxectivos están:
>> Mellorar a capacidade das cooperativas para consolidar a súa actividade, reforzando aquelas áreas que sexan susceptibles de mellora para o seu pleno desenvolvemento empresarial e societario.
>> Acompañar aos equipos de dirección e consellos reitores para que podan asumir con garantías o seu papel de goberno e xestión.
>> Impulsar a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas entre as cooperativas que participen no programa.
>> Dotar de ferramentas específicas de autodiagnose que podan contribuir á mellora futura da xestión empresarial e societaria con carácter autónomo.
Quenes son as destinatarias?
Persoal directivo e técnico das cooperativas así como a persoas socias e /ou traballadoras con responsabilidades de xestión empresarial e societaria.
O programa establecerá un plan de traballo personalizado con cada cooperativa para abordar os procesos de mellora.
Nuria2017-04-25T17:46:09+02:0025/04/2017|Rede Eusumo|Comentarios desactivados en Consolidacoop, programa de acompañamiento a cooperativas | Convocatoria 2017
Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma