A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social tiene en marcha unha canle propia para as cooperativas galegas na plataforma YouTube denominada “Cooperativas de Galicia” que pretende agrupar e dinamizar a videoteca do cooperativismo de Galicia e converterse na plataforma audiovisual das cooperativas galegas e dos seus produtos e servizos.

Nos seguintes enlaces poderá acceder á:

Carta de presentación da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social (Actualmente chamada Subdirección de Economía Social)

Guía con recomendacións para que serva de utilidade á hora de realizar vídeos para a súa divulgación a través desta canle.

Animámolo/a a utilizar a nova canle en YouTube para divulgar o traballo da súa organización.

 

Para máis información pode poñerse en contacto co persoal técnico que xestiona as redes sociais a través do correo: redessociais@cooperativasdegalicia.com.