2ª convocatoria das Bolsas «Talento Cooperativo» 2024
O programa “Talento Cooperativo” 2024 lanza a 2ª convocatoria para seleccionar 2 persoas con estudos empresariais para 2 Bolsas de EspazoCoop en cooperativas galegas de Ferrol e A Coruña.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop, abre a 2ª convocatoria do programa Talento Cooperativo 2024, dentro da súa 12ª edición, para persoas menores de 30 anos, con preferencia a mulleres, en desemprego e con estudos en áreas da xestión empresarial.
Estas bolsas contan co apoio do programa 2024-2025 da Rede Eusumo, Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España. E tamén, está no marco do Proxecto 0259_ES_Factory_1_E , que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027.
Convócanse 2 bolsas xerenciais en cooperativas galegas
EspazoCoop convoca 4 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa galega durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora, estas bolsas están dotadas cunha axuda económica mensual bruta de 700 €.
A estadía en prácticas é para analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa. A persoa bolseira e a cooperativa contan ademais co apoio da mentoría e titorización de EspazoCoop, que se realiza en cordinación coa cooperativa apoiando as súas necesidades e demandas. A previsión da duración da estadía é do 1 de decembro de 2024 ao 7 de maio de 2025, a razón de 25 horas semanais. As bolsas están vinculadas a un programa formativo que vai paralelo á estadía.
Estas son as localidades das cooperativas nas que se realizarán as estadías das bolsas:
- Ferrol (1 bolsa)
- A Coruña (1 bolsa)
Realizar unha acción formativa como parte do proceso de selección
Sinalar que como parte do proceso de selección as aspirantes a bolseiras, unha vez recibamos a súa solicitude, terán que realizar unha acción formativa sobre cooperativismo e economía social en modalidade teleformación. A superación desta acción formativa será requisito imprescindible para continuar no proceso de selección.
A selección final das bolseiras realízase cos resultados da formación realizada, seleccionaranse as candidatas finais que pasarán unha entrevista, para seleccionar as 2 persoas que se incorporarán ao programa de bolsas o 1 de decembro de 2024.
Antes de enviar a túa solicitude, consulta e revisa as bases da convocatoria
É importante que se coñezan os obxectivos da bolsa, os compromisos que adquire a bolseira, e as demais condicións do programa Talento Cooperativo, para valorar de antemán si se poderá levar adiante o proceso formativo previo á selección, e despois a propia bolsa no caso de ser seleccionada.
- Accede ás BASES da CONVOCATORIA 2024, neste enlace, solicitudes ata o 22/11/24
- Formulario de SOLICITUDE neste enlace
Xa foron beneficiarias dunha estadía en prácticas nunha cooperativa 58 persoas bolseiras ao longo do conxunto de tódalas edicións. As súas valoracións son moi positivas, contribuíndo á mellora da súa formación e a acadar experiencia que facilita a incorporación ao mundo laboral. Ademais de ser un programa diferenciador, xa que as persoas se especializan en materia cooperativa e nalgúns casos quedan vinculadas profesionalmente ao sector cooperativo e da economía social. Poderíase dicir que é un programa que crea “canteira” para o mundo cooperativo.
PRAZO DE SOLICITUDES: para candidatarse e solicitar unha bolsa poden realizarse solicitudes dende o luns 11 de novembro ata o venres 22 de novembro de 2024.
>> 26 NOVEMBRO | Resultado do proceso de selección: o día 26 de novembro de 2024 comunicarase ás candidatas o resultado do proceso de selección.
>> 28 NOVEMBRO | Xuntanza do programa Talento Cooperativo: as seleccionadas están convocadas o día 28 de novembro de 2024 ás 10 h. a unha xuntanza do programa en Santiago de Compostela (Edificio Cersia Empresa).
>> 01 DECEMBRO | Comezo das estadías nas cooperativas: as estadías nas cooperativas iniciarán o día 1 de decembro de 2024.
—
Nota: A entidade convocante resérvase a posibilidade de modificar o prazo de solicitude e as datas do programa, se fora o caso, por motivos e causas de interese para o desenvolvemento do proceso de Selección e do Programa.
Información: Unión de Cooperativas EspazoCoop | 986 866 149 – roberto@espazo.coop | de luns a venres de 9-14 h.
Programa creado e convocado por: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.
Esta iniciativa conta co apoio e está no marco dos programas:
– Programa 2024-2025 da Rede Eusumo. Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
– Proxecto 0259_ES_Factory_1_E que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027.