FORTIA CARDINAL: un proxecto plurirrexional para o fortalecemento da Economía Social
A nosa socia, Xedega S. Coop. Galega anuncian a súa participación no proxecto FORTIA CARDINAL, unha iniciativa innovadora de intercooperación entre entidades de economía social que busca fortalecer o tecido de micro e pequenas cooperativas en catro comunidades autónomas: Andalucía, Euskadi, Galicia e Comunitat Valenciana.
FORTIA CARDINAL nace da alianza de catro cooperativas: GEDES (grupo Autonomía Sur), INBIKU, XEDEGA e TRANSVERSAL. Comparten unha misión común: construír un ecosistema de apoio a través do intercambio de coñecemento, a asistencia técnica especializada e a capacitación adaptada á realidade das entidades participantes.
Durante os tres anos de duración do proxecto (2025–2027), polo menos 12 cooperativas serán acompañadas en procesos clave como:
• Diagnóstico e planificación estratéxica
• Xestión económico-financeira e comercial
• Dixitalización e transformación organizativa
• Desenvolvemento de persoas e liderado participativo
• Creación de alianzas estratéxicas e medición de impacto
FORTIA provén do latín “forza” e CARDINAL alude aos puntos cardinales desde os que se impulsa esta iniciativa transformadora.
O proxecto está financiado pola Unión Europea, o Ministerio de Traballo e Economía Social, e CEPES, e forma parte do Plan Integral de Impulso á Economía Social (PIIES). No 2025 ábrese unha convocatoria para seleccionar novas cooperativas participantes interesadas en iniciar o seu propio proceso de fortalecemento.
👉 Se formas parte dunha entidade da Economía Social e estás interesada en recibir acompañamento, segue as súas redes e ponte en contacto.
🤝 Promovido por:
🔍 Máis información en:
Investimos na Economía Social para construír unha sociedade máis xusta.
#CEPESFSE #CEPESEFESO #EconomíaSocial #FORTIACardinal #EconomíaSocial #Cooperativas #Intercooperación #TransformaciónSocial #ESS
Deja tu comentario