A cooperativa Alén tramita as Axudas para cumprimento de criterios ASG

 

 

 

Foron convocadas as novas axudas IG288 – IG300F do Igape, que subvencionan en réxime de concorrencia non competitiva diferentes medidas para o avance no cumprimento de criterios ASG, entre outras:

  • Consultoría e certificación B Corp
  • Melloras ligadas á economía circular e estratexias de deseño sostible
  • Criterios de sostibilidade en compras
  • Programas de inversión na comunidade
  • Elaboración do Código de conducta

Dende Alén poden acompañar na integración e desenvolvemento estratéxico da sostibilidade e impacto positivo, ou asesorar sobre as iniciativas mais apropiadas.

Ademais de en Accede Papagaio, podedes contactar con Alén s. coop. galega en:

info@alenlab.com

www.alenlab.com

698170240