Servizo Asesoramento Financeiro e Finanzas Éticas e Cooperativas 2020 | A Coruña

[ En A Coruña – Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio ou na sede social da entidade demandante ]

<< Servizo flexible (presencial/distancia) e gratuíto >>

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop en colaboración co Concello da Coruña presta un servizo de asesoramento financeiro e financiamento ético e cooperativo durante os meses de outubro a decembro de 2020 na cidade da Coruña. Este servizo está no marco dun programa municipal de promoción da economía social apoiado polo Concello da Coruña.

 

Está orientado tanto para o emprendemento empresarial como para entidades do sector da economía social e solidaria do concello, co fin de prestar apoio no campo financeiro.

Obxetivos

​Ofrecer información e divulgación sobre as posibilidades e produtos que ofrecen desde as entidades de BANCA ÉTICA e de FINANZAS COOPERATIVAS para o financiamento de novos proxectos, especialmente os vencellados á economia social e solidaria, á sostibilidade, ao medioambiente, etc.

Na área financeira habitualmente existen carencias importantes nos proxectos, polo que a facilitación ao acceso a liñas de financiamento impulsadas por estas entidades de carácter ético son unha alternativa.

Promover a alfabetización financeira entre a persoas emprendedoras, grupos promotores e proxectos empresariais en fase de incubación nos viveiros de empresamunicipais.

Folleto: Fai clic: Folleto Servizo Finanzas Éticas e Cooperativas 2020 Coruña

As Finanzas Éticas e Cooperativas teñen liñas para apoiar os teus proxectos.

Citas e información: 627 570 948 – 673 524 739

——–

PROMOVE : Unión de Cooperativas EspazoCoop.  No marco do programa Emprendemento Empresarial e Divulgación da Economía Social 2020 do Concello da Coruña.