Nueva edición de los «Cafés con aroma a Economía Social» de Foroesgal
Neste encontro organizado polo Foro pola Economía Social Galega (Foresgal), daranse cita representantes de empresas e organizacións da economía social, representantes da Xunta de Galicia, e as persoas relatoras convidadas.
O Foro celebrará este almorzo informativo o xoves 20 de novembro no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela, este evento constitúe unha das citas relevantes da economía social de Galicia. Estes encontros teñen por obxectivo incrementar a identidade das empresas de economía social, ademais de analizar como os seus valores e principios poden formar parte das vantaxes de cada empresa.
Foroesgal reunirá ao sector da economía social para poñela en valor publicamente, os Cafés configurándose ademais como un espazo de intercambio para a colaboración, o coñecemento, as relacións e a intercooperación.
Mino Martínez, presidente do Foroesgal convida a asistir e participar ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop á V Edición dos Cafés con Aroma a Economía Social que terá lugar o vindeiro 20 de novembro a partir das 10 h. no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela (rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n).
[ INSCRICIÓN ]
É necesaria a inscrición previa, no seguinte enlace podedes formalizada en liña: INSCRICIÓN
Estes encontros son importantes para o tecido cooperativo xa que permitirán facer relacións, intercooperar, e intercambiar impresións, resultando enriquecedor cando as persoas proceden de distintos ámbitos aínda que todas teñan unha identidade común, a economía social.
Deja tu comentario