Grazas a un acordo suscrito pola Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECOE) e a Fundación ONCE, as cooperativas de ensino e a Fundación traballarán pola inclusión social e educativa das persoas con discapacidade. Buscarán ideas anovadoras que favorezan a inclusión das persoas, tal e como se desprende do acordo marco de alianzas suscrito polas dúas entidades.

O acordo foi firmado por Carlos Sierra, presidente das cooperativas de ensino, e Alberto Durán, vicepresidente executivo da Fundación ONCE, desde o convencimento de que a eficiencia empresarial pode convivir coa responsabilidade social.

Neste sentido, tanto Fundación ONCE como UECOE comparten valores tales como a promoción da solidariedade interna e coa sociedade que favoreza o compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a cohesión social, a inserción de persoas en risco de exclusión social, significativamente a das persoas con discapacidade, a xeración de emprego estable e de calidade, a conciliación da vida personal familiar e laboral e o desenvolvemento sostible.

Desde esta perspectiva, as dúas entidades comprométense coa sinatura da alianza a intercambiar coñecementos para favorecer a identificación de prácticas anovadoras destinadas a mellorar a inserción social e educativa das persoas con discapacidade.

Nesta mesma liña, proponse explorar tamén no territorio da economía social para enriquecer os procesos produtivos e dotar de valor á xestión das persoas, cun especial foco na xestión da diversidade.

Ao mesmo tempo, UECOE e a Fundación ONCE márcanse a meta conxunta de avanzar na inclusión da dimensión da discapacidade nas políticas e programas de responsabilidade social corporativa.

Para lograr todos estos obxetivos, ambas entidades elaborarán, no prazo de seis meses trala sinatura do acordo, un plan de traballo que recolla máis en detalle as principais liñas de actuación e a evaluar o seu cumprimento periodicamente.

Sobre Fundación ONCE

A Fundación ONCE para a Cooperación e Inclusión Social de Persoas con Discapacidade é un instrumento de solidariedade da ONCE creado en 1988 para mellorar as condicións de vida doutros colectivos con discapacidade, mediante programas de inclusión laboral e formación, así como a difusión do concepto de accesibilidade universal, coa creación de entornos, produtos e servizos globalmente accesibles. En 2013, Fundación ONCE celebrou os seus 25 anos de existencia, un período no que se conseguiu xerar máis de 80.000 empregos para persoas con discapacidade. Actualmente, a ONCE e a súa Fundación continúan comprometidas co seu primordial fin: a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade.

Sobre UECOE

UECOE é a entidade representativa en España das cooperativas de ensino e dos centros educativos de economía social, e na súa misión está construír un proxecto pedagóxico xunto ao proxecto empresarial que cree e manteña emprego de calidade entre os seus socios e socias e traballadoras/es, desde unha reflexión anovadora que achega solucións concretas á educación.

Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas, a través da Sectorial de Cooperativas de Ensino, fai parte de UECOE.