A UNIVERSIDADE DE VIGO, coa que mantemos unha vía permanente de colaboración, promove un Acto sobre Cooperativismo para o día 31 de outubro de 2017, co apoio de ESPAZOCOOP.
O obxetivo é organizar un acto académico e divulgativo que permita poñer en valor e dar visibilidade ao cooperativismo e ás cooperativas, así como resaltar o apoio que a Universidade de Vigo leva brindado dende fai moito tempo neste ámbito.
A xornada vai dirixida a todas as personas interesadas, tanto as que están integradas no ámbito cooperativo e da economía social coma a aquelas que non o están, facendo especial fincapé entre o alumnado da universidade, coa intención de que coñezan as posibilidades que ofrece este sector e as teñan en conta á hora de iniciar a súa inmersión no mundo laboral.
Entre as actividades previstas, contémplanse charlas maxistrais e mesas redondas de debate, e tamén, a colocación de stands por parte de cooperativas, e unha homenaxe á traxectoria de profesionais do ámbito do cooperativismo. Neste sentido, e para organizar adecuadamente o evento, a través desta comunicación buscamos :
1- Identificar a profesionais que se formaron na Universidade de Vigo e que levan a cabo a súa actividade vinculada co ámbito do cooperativismo, e que lles gustaría participar no acto.
2- Identificar que cooperativas están interesadas en ter presenza nos stands (non implican atención permanente, trátase de postos con información das cooperativas).
Se estás interesada-o nalgunha destas cuestións (profesionais formadas-os na UVigo con vinculación co cooperativismo, ou nos stands) por favor, comunícanolo a través do seguinte formulario en liña. ( Se eres unha cooperativa que non está nestes supostos tamén poderás asistir ao acto e comunicárnolo).
Este evento celebrarase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo, no Campus Lagoas – Marcosende.