Xornada:
“O valor social do diñeiro: finanzas responsables” . 17 de abril – Santiago de Compostela
>> Opcións financeiras para organizacións e empresas da economía social, e para o emprendemento.
>> Alternativas para investir e aforrar as persoas particulares.
>> Finanzas favorecedoras para a economía social e cooperativa.
Documento informativo da xornada : O valor social do diñeiro, finanzas responsables
Inscrición : Aquí
—
Obxetivos:
-
Dar a coñecer as finanzas éticas como instrumentos financeiros acaídos para as entidades da economía social e do cooperativismo en particular.
-
Difundir boas prácticas e recursos útiles.
-
Estimular o debate ao redor da temática con persoas expertas e o público participante e intercambiar e compartir experiencias.
Data: 17 de abril de 2018 – Horario: De 9.30 a 14 horas
Lugar de celebración: Edificio CERSIA Empresa. Rúa Alcalde Raimundo López Pol (Barrio de San Lázaro) – Santiago de Compostela.
A quen vai dirixida?
– Ás cooperativas e demais entidades da economía social e solidaria
– A persoas e grupos de emprendemento, a empresas e entidades en procesos de mellora, consolidación e/ou crecemento.
– A servizos de orientación ao emprendemento.
– A persoas físicas e xurídicas que prestan servizos de asesoramento e consultoría de empresas.
– A persoas e entidades interesadas no aforro ético e solidario.
| PROGRAMA |
9:30 Recepción
9:45 Inauguración
Alba Paz, Subdirectora Xeral de Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
10:00 Entidades de finanzas éticas e/ou cooperativas da economía social galega: presentación da entidade e dos seus servizos e produtos.
Modera: Mar Pernas Márquez – Unión de Cooperativas EspazoCoop
– Coop57 cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios.
Ramón Rodríguez Padín
– Fiare Banca Ética, banca cooperativa ética.
Gonzalo Gesto Quiñoy
– AIS O Peto, asociación por un interese solidario
Esteban González Bernárdez
– Caixa Rural Galega, cooperativa de crédito.
José Manuel López Marcos
– Cajamar, cooperativa de crédito.
11:15 Coloquio
12:00 Café : relacións de intercambio e contactos
12:30 Coñezamos experiencias de financiamentos realizados polas entidades éticas, solidarias e/ou cooperativas.
– Experiencia financiada por Coop57 : NÚMAX, s. coop. galega
– Experiencia financiada por Fiare : Solidariedade Internacional – Galicia, ONGD
– Experiencia financiada por AIS O Peto : 7H Cooperativa Cultural, s. coop. galega
13:45 Clausura : Concepción Fernández
Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos
Concello de Santiago de Compostela.
14:00 Remate da xornada.
INSCRICIÓN : Aquí
Organiza : Unión de Cooperativas EspazoCoop || Contacto : Mar Pernas | Telf. 981 575 578 | mar@espazo.coop
Entidade colaboradora: Concello de Santiago
[ Esta xornada enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social ]