Información sobre as cotas asociativas.
19 de xuño de 2020. Como sabedes, desde que se decretou o estado de alarma, en Espazocoop seguimos teletraballando desde o primeiro día para atender as necesidades, consultas e acompañarvos nese difícil e incerto periodo, co obxectivo de tratar de minimizar o impacto e dar resposta aos retos, que tanto a nivel representativo como técnico, demandaba a situación.
Unha das primeiras medidas que se tomaron foi a de suspender o cobro das cotas asociativas das cooperativas socias para que na medida do posible non supuxeran unha carga engadida ás dificultades que atravesabades.
Á volta paulatina ás actividades e o propio funcionamento da Unión requiren da vosa colaboración para que as necesidades financeiras sexan atendidas, polo que vémonos na necesidade de volver a pasar as cotas sociais con data de primeiros de xullo. Enviarase a factura correspondente a finais de xuño.
Trataremos, na medida do posible, de dar todas as facilidades para aquelas cooperativas que estedes pasando por situacións difíciles, mesmo cabe a posibilidade e así se contempla como medida extraordinaria, de solicitar unha carencia no cobro da cota por motivos económicos, xustificada documentalmente.
Agradeceríamos que as cooperativas que tivesedes algún tipo de problema neste sentido vos puxerades en contacto con nós directamemente por calquera vía para estudar persoalmente o caso e buscar con vos alternativas.
Unha vez máis moitas grazas a todas pola vosa comprensión e polo voso apoio.
Saúde e cooperación !!