Impacto positivo del programa de fomento cooperativo de EspazoCoop y la Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop levaron a cabo un convenio de colaboración en 2023 para fomentar o cooperativismo na provincia, o traballo conxunto entre ambas entidades é a continuación da colaboración establecida dende hai varios anos.
O convenio permitiu desenvolver 3 liñas de traballo ao redor do Emprendemento Cooperativo, a Consolidación de Cooperativas e a Xeración de Coñecemento para o sector.
Fomento do emprendemento en cooperativa
Divulgar o modelo cooperativo e estimular a creación de cooperativas son os obxectivos das intervencións realizadas para esta liña de traballo.
Deseñouse un Itinerario de Emprendemento Cooperativo integrado por XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN e OBRADOIROS FORMATIVOS que se impartiron para varios concellos, obradoiros de emprego, ou mancomunidades da provincia da Coruña:
- Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes. Obradoiro de Emprego.
- Concello de Melide. Obradoiro de Emprego.
- Concello de Ortigueira. Curso de Agricultura Ecolóxica Avanzado.
- Concello de Sada.
- Concello de Oleiros. Obradoiro de Emprego.
- Concello de Boiro. Obradoiro de Emprego.
As destinatarias das actividades están participando en procesos formativos nos que poden valorar a opción cooperativa como unha vía para emprender laboralmente, nos sectores da agricultura ecolóxica, sostibilidade ambiental, construcción e xestión forestal. A raíz destas actividades créanse 2 cooperativas no Concello de Sada, e existen 3 proxectos pre-cooperativos que están analizando a súa constitución, nos Concellos de Sada e Boiro.
Realizáronse un total de 10 actividades e 90 horas de formación cun resultado de 108 beneficiarias. Para estas actividades contouse tamén con cooperativas para dar conta dos seus emprendementos e da súa experiencia neste sentido: con Labrecos, Arreda, Afeito e Abeiro de Rehabilitación.
Ademais, este bloque propuxo a xeración de útiles relacionados co emprendemento cooperativo, como VÍDEOS de promoción do modelo, e de testemuñas de cooperativas acompañadas no emprendemento (coas cooperativas da provincia da Coruña Lenda Educativa, Boaonda, e Xacias), tamén unha aplicación APP sobre creación de cooperativas, que son materiais que permiten estimular e dinamizar ás persoas interesadas e visibilizar as cooperativas ante a cidadanía.
Consolidación do cooperativismo
Con esta liña ofreceuse ASESORAMENTO, acompañamento e formación a cooperativas en funcionamento, á carta, en función das súas necesidades e buscando con elo a viabilidade e consolidación das empresas, traballando en ámbitos da cooperativa como o xurídico-legal, comercial, organizativo ou económico e financeiro, entre outros.
Un total de 13 cooperativas da provincia da Coruña foron acompañadas para mellorar aspectos e áreas do seu interese, o servizo contou con 200 horas de asesoramento que contribúe á consolidación do sector cooperativo na provincia da Coruña, dito servizo foi prestado por persoal técnico da Unión de Cooperativas.
Empresas cooperativas beneficiarias do acompañamento para consolidarse:
- Alén s. coop. galega
- Almeiro s. coop. galega
- Arreda s. coop. galega
- Caixa Titiripaka s. coop. galega
- Casas do Maior s. coop. galega
- Colexio Jorge Juan s. coop. galega
- Comparte Galicia s. coop. galega
- Enraizando s. coop. galega
- Flying Fun s. coop. galega
- Kracia s. coop. galega
- Mercado da Terra s. coop. galega
- Miraxe s. coop. galega
- Mulleres Colleiteiras s. coop. galega
Dentro da Consolidación do Cooperativismo ofreceuse TELEFORMACIÓN, con dous cursos de Contabilidade Cooperativa nivel 0 e nivel Pro, que foi unha materia demandada polas súas particularidades, nestas actividades participaron un total 50 persoas.
En total acadouse para a Consolidación do Cooperativismo un impacto de 63 beneficiarias no marco do Convenio coa Deputación da Coruña.
Xeración de coñecemento
Coa XORNADA ACHÉGATE ÁS COOPERATIVAS CUNHA OLLADA EXPERTA, realizada no Pazo de Mariñán da Deputación da Coruña, abordáronse temas específicos de xestión de empresas cooperativas, tratando de aspectos laborais, fiscais e de contratación pública responsable.
A participación nesta iniciativa chegou a preto de 50 persoas: persoal de Administracións Públicas, Colexios profesionais, Asesorías e Consultorías, Cooperativas socias de EspazoCoop, Cooperativas galegas en xeral, Persoal e organizacións de prescrición do modelo empresarial cooperativo: Axentes de desenvolvemento local, Técnicos de emprego, Técnicos de concellos, e outro público interesado.
Os temas que se trataron nesta xornada técnica de xestión de cooperativas pasaron en primeiro lugar por unha ponencia marco «Ecosistema de desenvolvemento sostible: o cooperativismo galego”, e despois os temas específicos como a cotización do Reta das persoas socias traballadoras, a protección fiscal das cooperativas, e un caso práctico, alternativas e boas prácticas en compra pública responsable, e para finalizar boas prácticas en contratación pública responsable: A propiedade intelectual de proxectos do sector cultural.
A xornada contribui a construír redes relacionais para a colaboración entre distintos axentes e sectores que resulta beneficioso para continuar o traballo de fomento do cooperativismo na provincia da Coruña.
Folleto informativo no seguinte enlace: Programa de Fomento das Cooperativas (Deputación da Coruña – EspazoCoop)