EspazoCoop participa no lanzamento de ES Factory, cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o cooperativismo

A directora de EspazoCoop, Lucía Mendoza, participou na xornada de lanzamento de ES Factory o 3 de xullo no Museo do Mar de Vigo. Alí tivo a oportunidade de presentar unha das actividades que promoverá a Unión no marco do proxecto que lidera a Xunta de Galicia,  en colaboración coas socias de ES Factory de Galicia e Portugal. Lucía Mendoza presentou o Programa de Promoción das Cooperativas de Emprendemento, figura que se pretende impulsar en ES Factoy para favorecer a xeración de novos empregos cooperativos ata 2026.

A xornada foi inaugurada polo Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, a continuación na mesa de presentación das accións de ES Factory contouse coa partición de Patricia Antonio, da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), Carlos Ares, Asociación Galega de Cooperativas Agrícolas (AGACA), David Rodeiro da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Catarina Gomes. Incubadora de Iniciativas Empresariais Inovadoras (In.cubo), Anabel Goulart, da Associação Universidade-Empresa para o Desenvolvimento TECMINHO, Lucía Mendoza de EspazoCoop, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, da Xunta de Galicia.

Pódese consultar aquí a programación da xornada.

O proxecto Es-Factory Rede de aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar as empresas de novas economías emerxentes, foi aprobado no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea. Está liderado pola Xunta de Galicia e composto por un consorcio de organizacións, no que están integrados, ademais da Xunta, Agaca, EspazoCoop, Aesgal, USC, Utad, TecMinho, e In Cubo e as súas actuacións desenvolveranse ata setembro de 2026.

Esta iniciativa promove a cooperación transfronteiriza entre entidades de Galicia e o norte de Portugal facilitando o intercambio de experiencias no ámbito da economía social e fomenta a igualdade de oportunidades e a inclusión de persoas para promover o emprendemento.

Fonte: web Xunta de Galicia / Imaxe: web Xunta de Galicia

**Máis información do Proxecto ES Factory neste enlace