EspazoCoop participa en el Encuentro sobre las oportunidades de la economía social para las Ciudades
Os días 19 e 20 de outubro a Unión de Cooperativas EspazoCoop partipa no Encontro «As oportunidades da economía social para as Cidades, no logo dos retos das Axendas Urbanas e das Axendas 2030» organizado por Red de Entidades para o Desenvolvemento Local (Redel) en Santiago de Compostela.
Representantes da Unión participarán nos Grupos de Traballo que se desenvolven no marco deste Encontro sobre economía social, axenda 2030 e axenda urbana, para reflexionar, debater, compartir casos de éxito e pór en común o coñecemento xerado. Asisten Ana Olveira e Mar Pernas, presidenta e técnica respectivamente de EspazoCoop.
O Encontro realízase no marco da capitalidade da economía social española, que ostenta este ano 2022 a cidade de Santiago de Compostela.
A iniciativa tamén ofrece outras actividades, como son:
- O Roteiro Cooperativo por Santiago de Compostela, visitando ás cooperativas socias da Unión: AlmaZen de Ioga, Numax, Creativas Galegas e o Conservatorio Histórico de Santiago. O “Roteiro Cooperativo” é unha proposta de fomento e visibilización do cooperativismo executada no marco do convenio de colaboraicón da Unión de Cooperativas EspazoCoop co Concello de Santiago, na que se achega ás persoas participantes á empresa cooperativa e aos valores do cooperativismo nun roteiro a pé, no que son visitadas catro cooperativas da cidade.
- A Presentación do Libro Branco e o Portal Estadístico da Economía Social en España (Ciriec-España), que serán presentados por Rafael Chaves Ávila (Coordinador do Libro Branco), José Luís Monzón (Presidente do Portal), e Ángel Soler (Director do Portal).
Consulta nesta ligazón o Programa Encontro Redes Cidades
Lugar do Encontro : Sede Fundación Laboral da Construcción en Galicia. Rúa Ponte Pedriña de Arriba, Nº 13 – Santiago de Compostela.
Por último, tamén conflúen dúas actividades adicionais, como son:
- O 20 de outubro, un Workshop do Ciriec: Estadísticas sobre a Economía Social en España e as Comunidades Autónomas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
- O 21 de outubro, o 20 Aniversario do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da USC, Centro Universitario de carácter mixto dedicado á investigación, formación e estudo do cooperativismo nas súas dimensións económica e xurídica, nos ámbitos galego, español, europeo e internacional. No acto do 20 aniversario presentaranse as principais actividades realizadas ao longo desta traxectoria, será na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.