EspazoCoop estará presente en el Primer Encuentro de Emprendimiento organizado por el Concello de A Coruña
Terá lugar o sábado 1 de outubro en horario de 10:00 a 19:00 horas no mercado de San Agustín, e as persoas visitantes poderán coñecer de primeira man todos os servizos de EspazoCoop a través do seu stand corporativo
O sábado 1 de outubro celebrarase no Mercado de San Agustín da Coruña en horario de 10:00 a 19:00 horas o Primeiro Encontro de Emprendemento organizado polo Concello da Coruña e no que EspazoCoop estará presente a través dun stand no que se achegarán todos os servizos, recursos e capacidades da Unión.
O obxectivo desta primeira edición é impulsar e reactivar a actividade emprendedora na cidade, un reto no que o cooperativismo ten un importante papel para o desenvolvemento de novos proxectos emprendedores que poderán contar coa colaboración de EspazoCoop para resolver todas as súas dúbidas e inquedanzas para desenvolver os seus proxectos empresariais.
EspazoCoop, como axente socioeconómico de Galicia e cunha gran representación no sector cooperativo da Coruña, é unha entidade membro do Pacto Local de Emprego e asinou varios convenios de colaboración co Concello da Coruña nos últimos anos. En 2022, EspazoCoop e o Concello da Coruña colaboran na realización dun programa sobre ‘Emprendemento Empresarial na Economía Social’, ofrecendo actividades e servizos de apoio ao cooperativismo á cidadanía da Coruña.
A través da súa participación neste Encontro, EspazoCoop promocionará algunhas das liñas de intervención deste convenio como:
- EspazoCoop Acompaña: para apoiar tanto a creación de cooperativas, como a cooperativas en funcionamento. O folleto con toda a información deste programa pódese descargar en EspazoCoop Acompaña
- A través do cooperativismo: un programa gratuíto para potenciar o emprendemento cooperativo entre o alumnado dos Centros de Ensino Secundario e FP do Concello da Coruña. Máis información en A través do cooperativismo