EspazoCoop na presentación da Oficina Económica de Galicia
A Unión está pendente de ter unha xuntanza coa Oficina para facilitar o seu achegamento da mesma ás cooperativas
O pasado 22 de outubro, EspazoCoop asistiu á presentación dos avances da Oficina Económica de Galicia, evento presidido pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. Esta iniciativa quere convertirse nun recurso clave para o tecido empresarial galego, e desde EspazoCoop buscamos que tamén sexa unha ferramenta para as cooperativas galegas.
De feito, desde a Unión estamos pendentes de manter unha xuntanza cos representantes da Oficina e facilitar o seu achegamento ás cooperativas galegas. Da mesma maneira que desde a Oficina búscase facer un esforzo por desburocratizar e simplificar os procesos administrativos, en EspazoCoop pensamos que isto tamén é esencial para o sector cooperativismo.
Sobre a Oficina Económica de Galicia
A Oficina Económica de Galicia é un punto de acollida centralizado e singular da Xunta de Galicia para facilitar e axilizar a implantación, posta en marcha e desenvolvemento das iniciativas empresariais en Galicia ás empresas e ás persoas autónomas ou emprendedoras mediante a prestación de servizos de información, atención, asesoramento, acompañamento e soporte individualizado, personalizado e especializado e mediante a coordinación co resto de consellerías.
Web: neste enlace