En el último Informe de la Economía Social en Galicia destacan las cooperativas
O Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentou o pasado 11 de decembro o Informe da Economía Social en Galicia 2022. O informe actualiza a información recollida no Libro Branco da Economía Social en Galicia, e realiza unha fotografía do sector e a súa evolución, para responder a unha das demandas do Plan de Acción Europeo da Economía Social, que establece aumentar a visibilidade da economía social mediante a recopilación de datos e estadísticas.
No estudo analízanse as entidades da economía social: cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral, mutuas e mutualidades, confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación e comunidades e mancomunidades de montes veciñais en mano común, esta última una figura singular da economía social de Galicia.
Ademais, recóllese un apartado sobre o marco xurídico e novidades lexislativas, outro no se que analizan as políticas públicas da Economía Social en Galicia, o sector financiero cooperativo en Galicia e unha aproximación ao impacto socioeconómico das Cooperativas e Sociedades Laborais en Galicia.
Segundo os principais resultados do informe, no ano 2022 creáronse en Galicia 142 cooperativas (a cifra máis elevada da serie histórica) con 542 socios y socias promotores; 24 sociedades laborais (sendo a 3ª comunidade autónoma en constitución destas sociedades), e 7 centros especiais de emprego.
Máis de 6.000 entidades que empregan a 20.000 persoas
Destacan as 1.265 cooperativas y 735 sociedades laborais activas na Comunidade Autónoma de Galicia. Ademáis, hai 124 Centros Especiais de Emprego, 13 Empresas de Inserción, 4 mutas e mutualidades, 63 confrarías de pescadores, 1.052 sociedades agrarias de transformación e 3.029 comunidades de montes veciñais en mano común. Todas elas, conforman a foto das entidades de Economía Social Galegas.
Con relación ao número de empregos xerados, a estimación provén dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social, referidos ao 2º trimestre do ano 2020 (último publicado) e só para cooperativas e sociedades laborais inscritas na Seguridade Social. Ditos datos alcanzan 7.917 empregos en cooperativas e 2.162 en sociedades laborais.
Para os Centros especiais de emprego, os datos de SABI dan un volume de 2.185 persoas traballadoras. E nas Empresas de Inserción, as 9 empresas afiliadas a AEIGA proporcionan 211 empregos. Nas mutualidades terían 13 empregos directos en Galicia.
Para o resto das familias da ES galega resulta complicado estimar o dato de emprego, pero pódese resaltar que, nas confrarías de pescadores, as afiliacións de persoas traballadoras ascenden a case 7.000, dando unha idea do seu peso. As 63 confrarías de pescadores de Galicia supoñen cerca dun tercio das confrarías no estado.
Sumados todos os datos de emprego, o Informe conclúe que a economía social en Galicia emprega a cerca de 20.000 persoas de forma directa.
Informe da Economía Social en Galicia 2022
Accede aquí ao Informe completo da Economía Social en Galicia 2022
O novo Informe da Economía Social en Galicia foi elaborado por un conxunto de profesoras, profesores e persoal investigador das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo: Dolores Álvarez, Manuel Botana, María Bastida, Maite Cancelo, Rosario Díaz, Pilar Expósito, Loreto Fernández, Rafael Millán, José Antonio Montero, Ana Olveira, Alberto Vaquero, Emilia Vázquez Rozas, Miguel A. Vázquez Taín e Alicia Villalba.
Máis información
Maite Cancelo, Directora do Centro de Estudos Cooperativos – CECOOP
E-mail: maite.cancelo@usc.es
*Foto: vía web da Xunta de Galicia