Emprendemento na Economía Social, A Coruña 2022
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña colaboran para realizar un programa sobre ‘Emprendemento Empresarial na Economía Social’ durante 2022. Esta colaboración ofrece actividades e servizos de apoio ao cooperativismo á cidadanía da Coruña.
Ambas entidades impulsan un programa con 4 liñas de acción que permiten dotar de servizos e actividades de Tele-Formación, Divulgación do Cooperativismo, Asesoramento e Acompañamento Especializado a cooperativas en funcionamento da área da Coruña, así como tamén a persoas que están pensando en Crear Empresas Cooperativas.
O Servizo presta soporte ás cooperativas para apoiar a súa evolución, superar as crises e as dificultades que poidan ter, ou detectar eivas, tratando de evitar a perda de emprego cooperativo da Coruña, e contribuír a súa mellora empresarial.
As liñas de intervención do Programa «Emprendemento Empresarial na Economía Social» – A Coruña 2022
1| EspazoCoop acompaña
Asesoramentos e acompañamentos, tanto para cooperativas en funcionamento como para as persoas dos grupos promotores de novas cooperativas, con especial incidencia en empresas en crise, persoas autónomas para agrupar servizos, recursos, e investimentos.
Do mesmo xeito, favorecer a creación de cooperativas conformadas por colectivos con especiais dificultades de inserción ou que proveñan de empresas en crise e atopar así saídas de autoemprego colectivo que contribúan ao mantemento da actividade empresarial.
Un servizo de acompañamento activo durante todo o ano 2022.
2| Tele-formación cooperativa
Dous cursos de tele-formación en materia cooperativa dirixida a diversos colectivos interesados no modelo de empresa cooperativa e tamén a cooperativas en funcionamento. Realízanse na Aula Virtual de EspazoCoop, os seguintes cursos:
Asembleas e xuntanzas | Do 4 de abril ao 5 de maio | 40 horas | Programa
Ferramentas de financiamento ético e alternativo | Do 9 de marzo ao 1 de abril | 40 horas | Programa
3| Cooperativismo nos centros de ensino
Esta proposta de divulgación do cooperativismo no ensino da cidade da Coruña componse de charlas informativas e táboas redondas, dirixidas ao alumnado de secundaria e formación profesional.
- Charlas «E ti, coñeces a fórmula?».
- Táboa redonda «Montar unha cooperativa é unha boa opción», onde cooperativistas presentan os seus proxectos profesionais e establecen un diálogo co alumnado.
As actividades nos centros de ensino realizaranse dende o 15 de setembro ao 31 de decembro 2022.
4| Xornada de fomento e intercooperación cooperativa
Unha xornada dirixida a poñer en valor e divulgar as empresas cooperativas. Contará con relatorios, mesas de experiencias, promoción de produtos e servizos de cooperativas da Coruña e un espazo `pitch elevator´ para presentar as cooperativas que asistan, e estará a aberta a todo o público interesado.
A xornada está prevista para o mes de decembro de 2022 na Coruña.
Folleto do Programa 2022: Folleto Economía Social Coruña 2022
CONTÁCTANOS para solicitar máis información, cita previa de atención, e demandar o Servizos do programa:
881 887 456 | info@espazo.coop | www.espazo.coop