MaOs está colaborando este ano coa Associaçom Galega da Língua, AGAL, para promover os cursos aPorto e queren ofrecer ás cooperativas afiliadas a Espazocoop a posibilidade de asistir aos cursos de formación en lingua portuguesa aPorto gozando dun desconto no prezo de matrícula.
aPorto son cursos de portugués realizados no Porto, cunha semana de duración e especificamente deseñados para persoas con coñecemento de galego (mais tamén para persoas con nivel medio-alto de portugués). Pola mañás recíbense aulas centradas na expresión oral e pola tarde hai actividades culturais e conversas informais imposíbeis de encontrar como turista. (Este ano, por exemplo, a librería UNICEPE organizará actividades exclusivas). Nesta quinta edición, os cursos serán nas seguintes datas:
- 24 a 28 de xullo (aPorto plus)
- 24 a 28 de xullo (aPorto)
- 31 de xullo a 4 de agosto (aPorto)
- 7 a 11 de agosto (aPorto)
As cooperativas afiliadas a Espazocoop que soliciten o aPorto para 3 ou máis persoas terán un prezo reducido de 175 euros (IVE incluído) incluíndo as clases, dous manuais de lingua e as actividades lúdico-culturais. Se algunha das persoas inscritas quixese levar acompañante que asista só as actividades socioculturais, o prezo sería de 35 euros (IVE incluído).
Se tendes interese e queredes máis informaicón, contactade a través do correo cursos@agal-gz.org.
Para inscribirse aquí – Toda a información en www.aporto.org
Óscar Senra Gómez – MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega
tlf. 694474166 | http://www.maos.gal