Cóllete a mañá e vente ao encontro de «Crowdfunding, Financiamento Colectivo» que organiza Ugacota en Santiago o 20 de marzo no Centro Sociocultural O Ensanche, Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16 ( a 50 m. da Praza Roxa), en sesión matinal (de 9.00 a 14.30 h.).
Terás a oportunidade de coñecer e descubrir esta opción de cooperación colectiva, que busca acadar financiamento para realizar os nosos proxectos. Usa as tecnoloxías, as redes e as comunidades de internet.
Ademais poderás coñecer, estar en contacto, ou intercambiar visións con outras cooperativas, persoas participantes, ou colaboradores/as que asistan a este encontro.
Nesta ocasión establécese unha cota de inscrición, que agardamos non supoña un atranco para asistir.
Dirixido a:
Preferentemente a cooperativas, aínda que se hai prazas disponibles tamén aberto a outras entidades de economía social e solidaria, ou público xeral interesado.
Máis información:
986 13 65 92 – nuria@ugacota.org
Os encontros xerenciais de cooperativas forman parte do «Programa de apoio á función xerencial en cooperativas».