O Consello Galego de Cooperativas vai a estar presente na 6ª Feira das Industrias Culturais, CULTURGAL 2013, que se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2013.
Haberá un stand institucional que se porá a disposición das cooperativas interesadas. O fin é apoiar e reforzar a promoción e comercialización dos servizos e actividades culturais das cooperativas, así como impulsar as relacións institucionais destas. As cooperativas terán no stand un espazo propio para presentar os proxectos e pulsar os intereses dos diversos públicos asistentes.
Así mesmo contarase cun mostrador institucional para facilitar información e documentación sobre cooperativismo, e haberá un apartado específico da » Rede Eusumo» , concentrado especialmente na creación de emprego cooperativo .
Está prevista a presenza das cooperativas de traballo : Culturactiva, Trespés, Melandrainas Creativa, Urdime, Teixugo, Sonaxe, O Cable Inglés, Imperdibles Servizos Culturais, Ardora e Cestola na Cachola.
Descarga : Díptico actividades Cogaco Culturgal
Ugacota, a Federación de Cooperativas Sinerxia, e outras asociacións de cooperativas galegas, tamén estarán no stand do Cogaco durante o Culturgal .