Cooperativismo en centros de ensino secundario e FP do Concello da Coruña
“A través do Cooperativismo” é un programa gratuíto para potenciar o emprendemento cooperativo entre o alumnado dos Centros de Ensino Secundario e FP do Concello da Coruña.
Impulsado dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop, está no marco do Convenio de Colaboración 2022 entre o Concello da Coruña e a Unión de Cooperativas EspazoCoop.
As beneficiarias do programa gratuíto son os centros interesados en incluílo nas súas actividades educativas para ofrecerllo o ao alumnado como complemento á súa formación curricular.
Está conformado por dúas actividades complementarias, que son as seguintes.
1| Charla informativa -1 hora e media-
2| Táboa redonda -2 horas-
Período de realización: De setembro a decembro de 2022.
O Ensino Secundario é un dos ámbitos da nosa sociedade nos que compre incorporar programas sobre adquisición de competencias e aptitudes cooperativas emprendedoras contribuíndo a complementar a oferta educativa dos centros.
– Folleto: neste enlace
– Solicitudes e consultas: Unión de Cooperativas EspazoCoop | patane@espazo.coop – 881 887 456
—
*Saber máis, sobre o Programa do Convenio de Colaboración 2022 entre o Concello da Coruña e a Unión de Cooperativas EspazoCoop, neste enlace