Benvida ás novas socias de EspazoCoop chegadas no 2023
Nos últimos 5 anos EspazoCoop medrou en preto dun 60% en número de socias ata chegar na actualidade a un total de 265 socias, o que converte á Unión nun dos axentes representativos máis importantes do cooperativismo en Galicia. Desde EspazoCoop queremos dar a benvida ás novas socias que achegáronse á Unión no ano 2023.
As novas socias de 2023 pola súa situación xeográfica son:
A Coruña
Arreda, S. Coop. Galega – Xardinería e silvicultura – Cooperativa de traballo asociado
Arreda S. Coop. Galega é unha empresa enmarcada no sector da silvicultura e xardinería, ofrecendo servizos de restauración, mantemento e coidado de fincas, xardíns e terreos. Dispón dun equipo formado e especializado en labores como a tala, poda, rozas manuais ou mecánicas, aplicacións biocidas, plantacións, eliminación de especies invasoras e recuperación de espazos periurbanos entre outros.
Máis info: Arreda
Azul mais verde, S. Coop. Galega – Actividades culturais – Cooperativa de traballo asociado
Son unha cooperativa dedicada ao desenvolvemento de proxectos e servizos culturais vinculados aos contextos, ás comunidades e as súas especificidades. Promoven un enriquecemento cultural que apoie ao benestar e á cohesión social con un impacto en positivo. Dedícanse á cultura polo seu potencial para fortalecer as comunidades, fomentar a participación activa, a inclusión e o empoderamento das persoas.
Máis info: Azul mais verde
Boaonda, S. Coop. Galega – Turismo alternativo – Cooperativa xuvenil
Boaonda é unha cooperativa de recent creación adicada ao Ecoturismo Rexenerativo e Sostible, crendo nunha forma diferente de comunicarse e coñecer a contorna, sendo respetusos con ela.
Máis info: Boaonda
Chanzo a Chanzo, S. Coop.Galega – Servizos sociosanitarios, Casa do Maior – Cooperativa de traballo asociado
Cooperativa galega que ofrece un servizo profesional de coidados sociosanitarios tanto a nivel domicilio como en institucións, centrado nas persoas. A sociedade está fundada por mulleres emprendedoras, con titulación académica como Técnicas en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (TAPSD), cunha traxectoria profesional que permite ter unha clara perspectiva cara ao enfoque e desenvolvemento das actuacións a levar a cabo coas persoas beneficiarias dos servizos.
Máis info: Chanzo a chanzo
Clios Servizos Documentais, S. Coop. Galega – Servizos documentais – Cooperativa de traballo asociado
Cooperativa de traballo asociado que nace da unión de profesionais da xestión da documentación e da información, cunha dilatada experiencia en bibliotecas, arquivos e centros de documentación. Inspiradas polos valores e principios do cooperativismo, traballan no marco dunha economía baseada na primacía das persoas, o desenvolvemento sostible e a responsabilidade social.
Máis info: Clios
Enxame, S. Coop. Galega – Consultoría social – Cooperativa de traballo asociado
É unha consultora social comprometida coa mellora da calidade de vida das persoas e o desenvolvemento das comunidades, ofrecendo unha ampla variedade de servizos adaptados as súas necesidades. Son especialistas no deseño, planificación, implementación e avaliación de políticas públicas, plans e programas sociais, colaborando coas administracións e cooperando con outras entidades locais.
Máis info: Enxame
Falar a Mare, S. Coop. Galega – Laboratorio de moda – Cooperativa de traballo asociado
Impulsan e desenvolven proxectos relacionados coa moda sostible e a economía circular no sector téxtil. Son un laboratorio de moda: un espazo físico e virtual centrado no téxtil. Un lugar onde axudan a formarse, investigar, e desenvolver os proxectos doutras persoas, empresas e organizacións. Dividen a súa actividade en tres ramas: formación, asesoramento e lanzadeira.
Máis info: Falar a Mare
Lenda Educativa, S. Coop. Galega – Centro educativo – Cooperativa de traballo asociado
Lenda é un centro de educación, de desenvolvemento, de formación, de coidados, de bo trato, de ocio e de deporte, tamén un centro residencial de convivencia circular. O Centro Educativo está sito en Ardaña, no Concello de Carballo. Ten 3 aulas e está nun entorno completamente rural. A filosofía e a ruta pedagóxica céntrase en ofertar o mellor para cada alumna ou alumno. Con pedagoxía activas e empíricas. Con aprendizaxe consciente.
Máis info: Lenda Educativa
Manchea, S. Coop. Galega – Impresión gráfica – Cooperativa de traballo asociado
É un taller de artes gráficas creado arredor da impresión con tipos móbiles. Gran parte do taller está dedicado a prensas e material de imprenta tradicional e gravado, pero tamén empregan e traballan outros procedementos como a risografía, a serigrafía ou a cianotipia.
Máis info: Manchea
Marma Ideas, S. Coop. Galega – Comunicación audiovisual – Cooperativa de traballo asociado
É unha axencia de contido responsable. Utiliza a comunicación e o audiovisual como unha ferramenta de transformación para xerar impacto social positivo. Traballan creando contidos responsables, isto é, auténticos, rigurosos, creativos e diversos en diferentes formatos, priorizando o audiovisual. Desenvolven toda a estratexia de comunicación ou forman só unha pequena parte grazas ao traballo con outros equipos creativos de deseñadores, grafistas, cámaras, xornalistas, etc.
Máis info: Marma Ideas
Mazariñas, S. Coop. Galega – Casa do maior – Cooperativa de traballo asociado
É unha cooperativa de traballo que xestiona as Casas do Maior das localidades de Cee e Mazaricos. As casas do maior realizan coidados diurnos de persoas maiores.
Máis info: Mazariñas
Moira, S. Coop. Galega – Axencia de mercadotecnia consciente – Cooperativa xuvenil
Moira é unha axencia de mercadotecnia consciente que busca humanizar as marcas. Realizan servizos de branding, estratexias de comunicación, fotografía e vídeo, xestión de redes sociais e creación web.
Máis info: Moira
Nave de Lata, S. Coop. Galega – Xestión cultural – Cooperativa de traballo asociado
Un espazo de creación e laboratorio de ideas, impulsada por persoas cun xa longo percorrido na xestión cultural. Adícanse principalmente á música ao vivo, mais sempre en diálogo con outras disciplinas artísticas, procurando a colaboración e o intercambio con profesionais doutros ámbitos que tamén entenden a cultura como chave transformadora. Nave de Lata é tamén a casa de Luneda Producións, axencia adicada ao booking, a produción e a programación de eventos musicais.
Máis info: Nave de Lata
Navia y Deva, S. Coop. Galega – Tenda de produtos a granel – Cooperativa de traballo asociado
Comercio polo miúdo de produtos a granel.
Máis info: Navia y Deva
Organic Fusion, S. Coop. Galega – Tenda de produtos do fogar – Cooperativa de traballo asociado
A cooperativa Organic Fusion adícase á venda de produtos do fogar e candeas, estando ubicada na cidade da Coruña.
Máis info: Organic Fusion
Pardiñas, S. Coop. Galega – Tenda – Cooperativa de traballo asociado
Comercio ao por menor de bebidas, comercio ao por menor por internet, elaboración e venda de café, té e infusións, elaboración e venda de zumes de froitas e hortalizas.
Máis info: Pardiñas
Performa, S. Coop. Galega – Servizos culturais – Cooperativa de traballo asociado
Servizos de consultoría, xestión e comunicación, especialmente no ámbito cultural. Plans estratéxicos e de xestión, proxectos museolóxicos e museográficos, elaboración, desenvolvemento e produción de contidos, xestión integral de equipamentos culturais, produción de eventos, plans estratéxicos de comunicación, xestión de contidos en redes sociais ou construción de relatos son algunhas das súas actividades.
Máis info: Performa
Tako Group, S. Coop. Galega – Publicidade e mercadotecnia . Cooperativa de traballo asociado
É unha Axencia de mercadotecnia dixital, e os seus servizos pretenden fusionar a estratexia dixital coa creación de contidos audiovisuais innovadores. Buscan que as marcas non só resoen, senon que evolucionen e conecten coa audiencia no mundo dixital. Realizan servizos que abranguen dende potenciar unha presenza impactante en redes sociais ata forxar unha narrativa de marca envolvente, o seu enfoque é a adaptabilidade para guiar ás marcas.
Máis info: Tako Group
Xacias, S. Coop. Galega – Comunicación – Cooperativa xuvenil
Esta cooperativa galega de comunicación está formada grazas á alianza de 6 profesionais do ámbito da comunicación política e corporativa e tamén do dixital e o deseño. Xacias emerxe co obxectivo de que os seus valores persoais estiveran tamén no seu traballo. E chegan cunha máxima: a importancia de achegar contidos de calidade nun ecosistema dixital hiperpoblado.
Máis info: Xacias
Yarama Africa, S. Coop. Galega – Tenda de produtos africanos, e centro para a diversidade cultural – Cooperativa de traballo asociado
Entre as súas actividades está a venda de produtos africanos e interculturais, actividades de promoción e difusión das culturas africanas e afrodescendentes, actividades de difusión e recoñecemento da diversidade cultural latente na comunidade, actividades de promoción da igualdade de trato e non discriminación por motivo de xénero e/ou orixe, actividades de visibilización e loita contra diversas formas de exclusión social derivadas dos proxectos migratorios, entre outras.
Máis info: Yarama África
Lugo
Atoupa, S. Coop. Galega – Consultoría social – Cooperativa de traballo asociado
En Atoupa buscan, a través da súa actividade, xerar coñecemento sociolóxico que contribúa ao deseño e implementación de políticas transformadoras implicando ao conxunto da sociedade. Céntranse en seis liñas de acción de gran importancia para a realidade galega: o envellecemento poboacional e os dereitos sociais das persoas maiores, os fluxos migratorios e a promoción da interculturalidade, a procura da igualdade real e efectiva entre xéneros, o traballo de coidados e a súa posta en valor, a precariedade laboral e a dinamización do territorio.
Máis info: Atoupa
Outonía, S. Coop. Galega – Educación social e sustentabilidade rural – Cooperativa de traballo asociado
Teñen como actividade a intervención comunitaria no medio rural. Empregan as ferramentas que lles proporciona a educación social para crear intervencións sociocomunitarias no ámbito rural. Apostan por crear proxectos e intervencións educativas en territorios rurais adaptadas ás necesidades das persoas que o conforman.
Máis info: Outonía
Ourense
Xesta Brava, S. Coop. Galega – Ocio e entretemento – Cooperativa de traballo asociado
Entre as súas actividades atópanse a educación e formación ambiental, campamentos e actividades de ocio, tempo libre, cultura e etnografía, venda de cactus, plantas e verduras en ecolóxico e visitas ao espazo de Xesta Brava.
Máis info: Xesta Brava
Pontevedra
Ailuro Cat Café, S. Coop. Galega – Cafetería e residencia para gatos – Cooperativa xuvenil
Ailuro Cat Café é unha cafetería na que a clientela poderá pasalo rato relaxadamente con gatos mentres toman algo. O aspecto principal de Ailuro Cat Café é o de ser un lugar de residencia para os gatos, en concepto de casa de acollida. Colabora coa ONG Gatiños da Rúa de Vigo, protectora que se fai cargo de proporcionar os gatos, mentres que Ailuro Cat Café fai intermediación para a adopción e encárganse do seu benestar e os seus coidados.
Máis info: Ailuro Cat Café
Ancoradoiro, S. Coop. Galega – Cohousing, Vivenda Colaborativa – Cooperativa de consumo
Ancoradoiro é unha iniciativa cidadá que constitúe unha cooperativa, que persigue construír un centro de atención para persoas maiores, no que se poida convivir de forma colaborativa. O devandito centro, será un espazo sobre o cal cada cooperativista terá dereito de uso a cambio dunha achega (herdábel e retornábel) ao capital social da cooperativa e no que poderá permanecer a perpetuidade, recibindo -se é que os chega a necesitar- servizos socio-sanitarios dignos centrados na persoa.
Máis info: Ancoradoiro
Buenos Muchachos, S. Coop. Galega – Restaurante – Cooperativa de traballo asociado
Restaurante de produtos típicos arxentinos, principalmente empanadas arxentinas, parrilla e doces. Traballan baixo o nome comercial de “Cantina Argentina” no centro histórico de Vigo.
Máis info: Buenos Muchachos (Cantina Argentina)
Cuarzo Verde, S. Coop. Galega – Educación ambiental – Cooperativa de traballo asociado
Realizan educación ambiental e talleres para unha vida sostible, incluindo o ocio na transición hacia esta vida en harmonía coa contorna, facendo rutas de sendeirismo na provincia de Pontevedra e nas Illas Atlánticas. Entre as súas actividades atópanse sendeirismo, talleres e creación de contidos.
Máis info: Cuarzo Verde
Fillotiñas, S. Coop. Galega – Escola infantil – Cooperativa de traballo asociado
Fillotiñas é un proxecto educativo, unha escola que ofrece aos nenos/as un ensino de calidade que respete os seus ritmos, necesidades e características persoais.
As sinais de identidade da Escola son: educación respectuosa, aprendizaxe vivencial e apertura ao contorno
Máis info: Fillotiñas
Interpyme, S. Coop. Galega – Asesoría – Cooperativa de traballo asociado
Asesoría para o ámbito fiscal, contable e laboral. Desde os seus inicios achegaron un asesoramento personalizado e de proximidade cos seus clientes. Con máis de 20 anos de experiencia, interpyme confórmao un equipo de 9 persoas que, con entusiasmo, buscan as mellores solucións de xestión a cada un dos seus clientes.
Máis info: Interpyme
Luna de Brigantia, S. Coop. Galega – Atención á saúde das mulleres – Cooperativa de traballo asociado
Ofrece actividades competenciais propias das matronas e doutras profesionais sanitarias relacionadas coa saúde das mulleres e as familias. Realizan atención á maternidade desde a preconcepción ata o posparto e tamén o resto da vida sexual e reprodutiva das mulleres, consultas de embarazo a domicilio con opción a resolución de dúbidas de forma áxil e rápida durante o período de seguimento… Algúns destes servizos son prestados dentro do sistema público de saúde, pero ás veces cun acceso difícil e en consultas curtas.
Máis info: Luna de Brigantia
Magia en la Manga, S. Coop. Galega – Maxia e espectáculos – Cooperativa de traballo asociado
Magia en la Manga é unha compañía especializada en espectáculos de maxia para todo tipo de eventos. Está formada por varias persoas ilusionistas con anos de experiencia sobre todo tipo de escearios, a súa prioridade é a calidade, a profesionalidade e a versatilidade para facer de cada evento unha ocasión especial para calquera público en toda Galicia. Maxia en eventos privados, maxia para empresas, maxia educativa…
Máis info: Magia en la Manga
Outrora, S. Coop. Galega – Consultoría educativa – Cooperativa xuvenil
Outrora é unha Cooperativa que se comeza a xestar no Baixo Miño, no ano 2021, mediante conversas entre persoas con inquedanzas comúns e formación nos eixos educativo e social. Falar do que sentimos, do que pensamos e compartir as nosas experiencias, fíxonos reflexionar sobre como tería sido para nós medrar con liberdade nunha contorna ideal que nos permitise soñar cun futuro aquí. Agora eses intereses comúns son o seu proxecto de vida como espazo no que experimentar, no que atrevernos a ser, no que acompañar. Queremos ser un lugar seguro, amplo e divertido onde poder desfrutarnos!
Symbiose Xestión Natural, S. Coop. Galega – Xestión forestal – Cooperativa xuvenil
Realizan actividades de xestion forestal e do medio natural. Os seus servizos de arboricultura e xestión natural pasan por realizar podas en altura, podas de froiteiras, inxertos, desbroces, traballos de xardinería e silvicultura en xeral, e tamén deseñan espazos naturais (como bosques comestibles, ou xardíns en azoteas…).
Máis info: Symbiose
Talo Xardinería, S. Coop. Galega – Servizos de xardinería – Cooperativa de traballo asociado
Talo é unha cooperativa de traballo que ofrece servizos de xardinería, desbroces e podas.
Máis info: Talo
Desde EspazoCoop damos a benvida a todas as novas socias cooperativas.