EspazoCoop promove un programa que impulsa a mellora da área xerencial nas cooperativas. A  Unión marcouse como meta ofrecer  un servizo de apoio ao labor xerencial, lanzando para elo o «Programa de bolsas de xerencia en cooperativas».

Esta semana arrancou a estadía en prácticas das persoas bolseiras nas cooperativas beneficiarias, que seguirán un programa teórico-práctico durante 6 meses. As bolseiras contans con formación na área empresarial e prestarán apoio a 7 cooperativas socias:

INTERGAL S. Coop. Galega – Vigo.

NÚMAX S. Coop. Galega – Santiago de Compostela.

TAGEN ATA S. Coop Galega – Narón.

STRELIA S. Coop. Galega – Santiago de Compostela.

CSIDIOMAS S. Coop. Galega– A Coruña.

NOSA ENERXÍA S. Coop. Galega – Vilagarcía de Arousa.

APOIO S. Coop. Galega – Verín.

 

A finalidade do programa é dobre, mellorar as condicións nas que as cooperativas abordan a función xerencial, e tamén fomentar o emprego mellorando a capacitación de mozos-as mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas.