Árbore se incorpora a la Red de Supermercados Cooperativos
A nosa socia, Árbore Consumo Consciente, vén de sumarse á Red de Supermercados Cooperativos. Unha unión de proxectos de consumo responsable de todo o estado que pretende unir forzas e experiencia.
Esta rede de supermercados, aínda que se fundou recentemente, conta xa cun total de 11 proxectos que suman 11.000 persoas consumidoras, de lugares como Zaragoza con Avecinal; Getafe con Biolibere; Alicante, Castalla e Yecla con Biotremol; Barcelona con Food Coop BCN, Sevilla con La Ortiga, Madrid con La Osa e Super Coop, Pamplona con Landare, Córdoba con Almocafre, Vigo con Árbore, e Vitoria-Gasteiz con BioAlai.
Árbore pon en valor que, “dentro da rede pódense atopar cuestións de tanto interese como a negociación conxunta con provedoras, unir esforzos para desenvolver programas informáticos de xestión ou realizar campañas de comunicación comúns”. Trátase dunha organización que serve ao propósito da intercooperación, conformando redes para buscar solucións e cubrir intereses en conxunto.
Na cooperativa viguesa agardan chegar moi lonxe con esta nova colaboración e nesta relación con persoas consumidoras conscientes de diversos territorios.
Árbore é unha cooperativa de consumo de alimentación ecolóxica que integra a 331 socias na cidade de Vigo, alcanzando unhas 500 persoas consumidoras.
Redes ÁRBORE: Instagram Árbore
Imaxe: vía fb Red de Supermercados Cooperativos