O sábado 6 de xullo, e baixo o lema «A empresa cooperativa avanza forte» vaise celebrar o Día do cooperativismo galego, coincidindo coa conmemoración internacional que exalta en todo o mundo os valores e principios cooperativos.
Nesta ocasión a festa do cooperativismo galego celebrarase nas instalacións da Cooperativa Feiraco en Pontemaceira (Ames, A Coruña). O lema elixido achega a idea de crear unha maior conciencia sobre a contribución das empresas cooperativas ao desenvolvemento económico e social.
No Día do Cooperativismo convídase a participar a todas e todos os cooperativistas galegos. Entre outras actividades realizarase o acto de entrega dos Premios á Cooperación do ano 2013, estes premios teñen como obxectivo gabar o labor de compromiso e promoción do cooperativismo das entidades e persoas premiadas.
Para consultar o programa de actividades do Día do Cooperativismo Galego prema aquí.
Mais información premendo aquí.