O IGAPE e a Consellería de Traballo e Benestar, no marco de accións da Rede Eusumo, dirixida a dar apoio á creación de autoemprego baixo fórmulas de economía social, organizan o próximo xoves 18 de xullo en colaboración unha xornada de presentación do programa RE-ACCIONA para mellorar a competitividade das cooperativas.
O obxetivo desta xornada é aportar ás cooperativas servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles.
Na xornada presentaranse os eixos do Programa Re-Acciona para conquerir a mellora competitiva: A Diagnose Integral de Competitividades, Servizos de profesionalización e Servizos de desenvolvemento estratéxico .
Así mesmo poderán coñecer a experiencia real dunha cooperativa participante neste programa.
A xornada levarase a cabo no Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela en horario de 10 a 12h.
Preme aquí para ver o PROGRAMA da xornada
A inscripción pode facerse antes do día 16 de xullo por teléfono chamando ao 678 759 079 ou mediante correo electrónico a info@eusumo.coop. Tamén pode cumprimentarse o formulario de inscrición premendo aquí