O organigrama que estrutura EspazoCoop
A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten a mesma estrutura política e de toma de decisións que as empresas cooperativas.
Como órgano de representación e decisión está a asemblea de socias composta polas cooperativas da Unión. Esta asemblea convócase anualmente para aprobar as contas e a xestión da actividade, os orzamentos e o plan de traballo que se pretende levar a cabo, entre outros temas.
A asemblea delega as responsabilidades de goberno nun consello reitor elixido polas socias, a súa vez, conta coa colaboración dun equipo técnico formado por nove persoas que desenvolven as distintas liñas de traballo acordadas.
Dentro da Unión tamén existen varias sectoriais que agrupan cooperativas que comparten sector de actividade, conformando grupos de colaboración e intercooperación.
Asemblea de cooperativas socias
A Asemblea é a reunión das representantes de cada unha das cooperativas asociadas para deliberar sobre a política xeral da Unión e tomar acordos sobre aqueles asuntos que, en virtude da Lei de Cooperativas de Galicia e dos Estatutos de EspazoCoop sexan da súa competencia. É, polo tanto, é o órgano supremo de expresión da vontade social.
Consello reitor

O consello reitor é o órgano de goberno de EspazoCoop. Está formado por un equipo de persoas pertencentes a cooperativas socias, elixidas en Asemblea polas asociadas, renóvase simultaneamente cada catro anos, podendo ser reelixidas por un máximo de dous mandatos para o mesmo cargo.
Presidencia | Abeluria s. coop. galega – Ana Olveira Blanco
Vicepresidencia | Adigna s. coop. galega (Colexio Abrente) – Miguel Anxo Filgueira Touriño
Secretaría | Culturactiva s. coop. galega – Nacho Fungueiriño Rey
Vogais | Algalia s. coop. galega – Celso Gándara| Enérxica s. coop. galega – Pilar Lozano | Urdime s. coop. galega – María Emilia Candal Bouzas | Nosa Enerxía s. coop. galega – José Antonio Eiras Vila | Colexio Possumus s. coop. galega – José Carlos Freire Castroseiros | Alén s. coop. galega – Claudia Rodríguez
As persoas que integran o consello reitor
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Equipo técnico
Na Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop contamos cun equipo técnico no seguinte horario de atención ao público: luns a xoves de 8.30 a 16.30 h., e venres de 8.30 a 15.30 h.
O equipo está formado polas seguintes persoas:
| Lucía Mendoza Fernández
Directora Xerente +34 981 57 55 78 | lucia@espazo.coop |
Mar Pernas Márquez
Relacións institucionais +34 981 57 55 78 | mar@espazo.coop |
| Rosa Álvarez Bernárdez
Área de atención a cooperativas + 34 981 57 55 78 | rosa@espazo.coop |
Patane García Méndez Área de atención a cooperativas+ 34 881 887 456 | patane@espazo.coop |
| Teresa Balado Barciela
Área de atención a cooperativas + 34 986 866 149 | teresa@espazo.coop |
Ramón Carmelo Rodríguez Padín
Área de atención a cooperativas + 34 986 866 149 | ramon@espazo.coop |
| Roberto Andrés Sanmartín
Área de atención a cooperativas + 34 986 866 149 | roberto@espazo.coop |
Nuria González Rodríguez
Comunicación e atención a cooperativas + 34 986 866 149 | nuria@espazo.coop |
| Ángeles Barreiro Vilas
Área económica e administración + 34 981 57 55 78 | angeles@espazo.coop |
