XX Congreso de UECoE – Aberto o período de inscrición

XX CONGRESO ESTATAL DAS COOPERATIVAS DE ENSINO UECoE

 

Os días 23, 24 e 25 de outubro de 2024 Valéncia acollerá o XX Congreso Estatal das Cooperativas de Ensino baixo o lema “Educación e Arte: a arte de innovar, a arte de incluír”, organizado pola Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECoE) coa Unión de Cooperatives d’Ensenyament Valencianes (UCEV) como entidade coorganizadora.

Arte, innovación, inclusión son as palabras chave dun Congreso que faremos realidade colectivamente e onde queremos descubrir e explorar as potencialidades da relación entre a EDUCACIÓN e a ARTE.

Convidámosvos a facer este descubrimento desde a mirada e coa acción cooperativas. Porque é o noso Congreso, o do Cooperativismo Educativo, e sabemos que a suma froito da nosa diversidade ofrécenos unha oportunidade inmellorable de reflexionar e construír xuntas e xuntos.

Ademais, queremos que o Congreso sexa reflexo da realidade diversa -cultural e lingüística- do cooperativismo educativo estatal, e que así se viva; por iso, estamos a facer un esforzo para que poidas atopar unha parte significativa dos contidos do Congreso en todas as nosas linguas.

Un programa con contidos pensados para ti

Estamos a preparar un Congreso cheo de incentivos: conferencias, obradoiros, unha mostra de experiencias artísticas de escolas cooperativas, visitas… Todos os seus contidos están xa á vosa disposición na web do Congreso www.educart.coop e outros iranse actualizando.

Como puntos destacados do programa, sinalamos os dous relatorios marco: «A educación artística non son manualidades: o pensamento artístico como a metodoloxía transformadora na escola«, a cargo da profesora de Belas Artes María Acaso; e a de Xavier López García, «Intercooperación, unha necesidade das escolas para o futuro«.

Ademais, agrupados en tres itinerarios (Corpo, Palabra e Persoas) ao longo de dous días as e os congresistas poderán trazar o seu propio camiño no Congreso grazas á participación nunha serie de obradoiros multidisciplinares onde aprender e experimentar a confluencia entre educación e distintas expresións artísticas.

Vai tomando nota das túas preferencias porque poderás inscribirte en tres deles (https://www.educart.coop/ga/talleres).

Aberto o prazo de inscrición

Xa está aberto o período de inscrición. Poderedes formalizar todo o proceso en liña a través do apartado da web https://www.educart.coop/ga/inscripciones desde agora e ata o 23 de setembro. Non o deixes para última hora, porque o aforo dalgunhas actividades está limitado.

O formulario que atoparás agora mesmo na web serve para realizar a preinscrición. Tras a recepción dese formulario, a organización enviará ao mail de contacto que indicastes a información de aloxamentos, prezos, xeito de pago etc., para poder realizar a inscrición efectiva ao Congreso.

¡OS ESPERAMOS!
US ESPEREM!
ZAIN GAITUZUE!
ESPERÁMOSVOS!

Javier Martínez Cuaresma, presidente de UECoE