Os membros do Proxecto Cooproute lanzaron a web www.cooproute.coop, que reúne toda a información das cooperativas e entidades que promoven a cultura cooperativa en Europa. A Web presentouse nun acto en Bolonia (Italia), e está en fase de construcción.
O obxetivo do Proxecto é crear unha rede europea de cooperativas que podan ser visitadas dende calquera lugar do mundo, especialmente pola mocidade e estudiantes interesados/as no movemento cooperativo. As cooperativas deben amosar a súa actividade ou a súa innovación social, e a importancia da súa achega ao territorio. A idea é poder crear  “itinerarios cooperativos culturales”, que permitan acceder ao recoñecemento dunha Ruta Cultural Europea, neste caso, coa especialidade de ser “cooperativa”.
O Proxecto Cooproute, do que a Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA) forma parte, foi impulsado por CECOP, a confederación que reúne a este tipo de empresas no ámbito europeo. Participan tamén na iniciativa socios de Italia, Bulgaria, Francia, Reino Unido, Malta, Portugal, Alemania, Irlanda, e Dinamarca.
Ata o de agora son 82 as cooperativas que foron seleccionadas para participar. Principalmente proveñen de Italia (42 empresas), onde naceu a idea do proxecto, España (22 empresas) e Reino Unido (6 empresas).
COMO PARTICIPAR NA WEB?
Na web hai un formulario para inscribirse. Un administrador do sitio recibe o formulario e, no momento que é aceptado, envía un e-mail cun manual de uso do sitio para poder colocar toda a información. Ollo! cumpriméntase en INGLÉS, xa que unha das bases do Proxecto é que as cooperativas que participen, podan comunicarse neste idioma coas persoas visitantes.Sen ir máis lonxe, algunhas cooperativas socias de Ugacota como Cestola na Cachola, Milhulloa, Ardora ou Equal están participando neste Proxecto.
Aínda hai tempo de INCLUÍR A MÁIS COOPERATIVAS , as/os organizadores animan a promover a iniciativa por twitter, facebook e outras redes sociais, co hashtag #cooproute. Hai que contemplalo como unha oportunidade para lanzar Cooperativas, que queiran ter unha proxección europea. Tamén COCETA como entidade socia do Proxecto pode acceder a “volcar información” e “ampliala” en función das informacións que se lle remitan ou que se consideren de interese xeral.