Novas Cooperativas Socias
Queremos presentarvos un grupo de 6 cooperativas, son as últimas incorporacións como socias á Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Para dalas a coñecer publicamente e entre as demais asociadas, presentámolas brevemente e vos deixamos a súa referencia.
CUNDE
En CUNDE s. coop. galega adícanse a producir, xestionar, distribuír e coordinar eventos culturais.
Hai un tempo e tras confluir varias das traxectorias profesionais das socias e socios fundadores, decidiron poñer en marcha un proxecto empresarial común. Pensaron no termo de traballo asociado como a mellor maneira de definir o que adoitaban facer cando precisaban colaborar nos proxectos do sector e de aí xurdiu CUNDE, a súa cooperativa.
Avaladas/os pola traxectoria e experiencia profesional de cada unha das persoas socias e habituais colaboradoras/es, cooperando e traballando pola xestión e coordinación da produción cultural en Galicia.
Cunde son unha cooperativa de traballo asociado con sede na provincia da Coruña.
PLANO PEMENTA
PLANO PEMENTA son unha cooperativa de traballo con seda na Coruña con actividade nestas áreas:
– Educación e formación artística e similares.
– Creación artística e similares.
– Xestión cultural.
– Investigación educativa.
SETEOITAVAS
SETEOITAVAS é unha cooperativa de traballo asociado son sede na cidade de Vigo e con actividade nestes campos:
– Arquitectura
– Urbanismo
– Patrimonio
– Fotografía
LABORATORIO ESCÉNICO
LABORATORIO ESCÉNICO é unha empresa cooperativa de traballo con sede na Coruña que se adican á:
Formación, Investigación e Creación de Artes Escénicas, nos campos da Danza, o Teatro e a Música.
Espazo de formación, creación, investigación e desenvolvemento das Artes Escénicas en A Coruña. Situado no barrio de Montealto e xestionado por Carmen Cotelo e Alba Fernández, creadoras, intérpretes e mestras de teatro e danza respectivamente. O espazo contará con formación de calidade de danza, teatro e música para todas as idades e niveis, ademáis de funcionar como espazo para as/os profesionais das Artes Escénicas, sendo unha sede de creación e encontro multidisciplinar para todas e todos.
https://www.laboratorioescenicocoop.com
SISARGAS
SISARGAS s. coop. galega é unha cooperativa de traballo ubicada en Malpica. Unha das súas actividades principais é a xestión do Camping Sisargas, situado na Costa da Morte no período de xuño a setembro. Pero ademais realizan actividades de ocio, tempo libre e lecer con diversos colectivos.
Son unha cooperativa cuxo obxetivo é fomentar un turismo rural sostible, fomentando prácticas turísticas respetuosas co medioambiente e a cultura local, que supoñan un impacto positivo sobre o tecido e a economía social da comarca. Apostan pola horizontalidade, transparencia e igualdade na súa de xestión interna.
MERCADO DA TERRA
MERCADO DA TERRA é unha cooperativa de traballo da cidade de Ferrol, e trátase dun espazo onde as persoas que creen que a alimentación é importante poderán atopar unha gran variedade de produtos ecolóxicos, saudables e de proximidade.
Mercado da Terra é unha Tenda física para a venda de produtos alimentarios e doutro tipo.
https://www.facebook.com/mercadodaterracoop/
***Lembra que no DIRECTORIO DE COOPERATIVAS socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop, na nosa web, podes coñecer máis cooperativas asociadas coas que intercooperar e colaborar, ou simplemente para buscar provedoras nas que realizar consumo cooperativo.