XORNADA:
‘AS COOPERATIVAS CULTURAIS: RESPOSTA ÓS RETOS DO SECTOR CULTURAL’
[ Actividade en colaboración co Pont Up Store 2019 – Afundación – Rede Eusumo ]
A Sectorial de Cultura de Espazocoop celebra unha xornada sobre cooperativismo cultural no marco da programación de Pont Up Store o xoves 19 de setembro en Pontevedra.
A través desta xornada preténdese :
>> Dar a coñecer a realidade do cooperativismo cultural en Galicia e noutros territorios.
>> Identificar solucións creativas para consolidar empresas cooperativas das industrias culturais.
>> Favorecer o intercambio de proxectos culturais e axentes do sector.
>> Ofrecer un contexto propicio para a colaboración e a intercooperación nas súas diversas vertentes.
Destinatarias: Cooperativas, outras entidades e empresas de economía social, persoas interesadas no emprendemento cooperativo no ámbito cultural, e público xeral interesado na temática.
O PROGRAMA de contidos desta actividade é o seguinte:
RECEPCIÓN
10:00 h.- Recepción e entrega de documentación.
MESAS DE EXPERIENCIAS INSPIRADORAS
A xornada acollerá tres mesas de experiencias presentadas pola responsable da Sectorial de Cultura de Espazocoop, Emi Candal.
10:30 h. – Mesa 1| As cooperativas mixtas: unha opción de interese no sector, coa cooperativa andaluza CAÓTICA.
11:30 h. – Mesa 2| Acordos de uso de espazos públicos entre administracións e cooperativas, coa cooperativa XEITURA xestión do patrimonio cultural, e o CONCELLO DE ALLARIZ.
12:00 h.- Mesa 3 | Seguros éticos na organización de eventos culturais, coa cooperativa ARÇ.
ENCONTRO CON REPRESENTANTES DE INSTITUCIÓNS DO SECTOR CULTURAL
Continuaremos a xornada cun café e Encontro con representantes de institucións públicas e entidades privadas do sector cultural, que será presentado pola presidenta de Espazocoop, Ana Olveira.
12.30 h.- Café e Encontro.
XANTAR
13.30 h.- Xantar.
VISITA Á COOPERATIVA MARTÍN CÓDAX
15.30 h.- Saída en autobús e visita ás Bodegas Martín Códax, na que coñeceremos as súas actividades vinculadas co ámbito cultural.
18.00 h.- Chegada a Pontevedra e remate da xornada.
PRAZAS LIMITADAS | A inscrición é GRATUÍTA, pero cómpre facer INSCRICIÓN PREVIA |
Inscrición aquí | Cartel aquí | Programa aquí
Información: 881 887 456 – tino@espazo.coop
—-
Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.