Programa especializado de formación xerencial 2023
[EspazoCoop]
A Unión de Cooperativas Espazocoop lanza unha oferta de cursos gratuítos dentro do seu PROGRAMA ESPECIALIZADO DE FORMACIÓN XERENCIAL 2023, que realiza en colaboración co Concello da Coruña.
Nesta programación ofrece 3 actividades que se desenvolverán en modalidade presencial na Coruña durante os meses de novembro e decembro.
A inscrición está aberta!
Cada un dos cursos dura 10 horas de formación que se acreditan mediante diploma.
A seguir se presentan os módulos e as materias didácticas que se abordarán co obxetivo de mellorar a formación xerencial de persoas socias e traballadoras de empresas cooperativas, doutras empresas do ámbito da economía social, ou de colectivos interesados en materias específicas e especializadas sobre cooperativas.
[ FISCALIDADE COOPERATIVA AVANZADA ]
Fiscalidade cooperativa avanzada | 7 e 14 de novembro 2023 | Na Coruña| Imparte Xiama s. coop. galega | Duración 10 horas. Fai clic en: Programa – Cartel – Inscrición
[ XESTIÓN SOCIETARIA E LABORAL NAS COOPERATIVAS ]
Xestión societaria e laboral nas cooperativas | 21 e 28 de novembro 2023 | Na Coruña | Imparte Xedega s. coop. galega | Duración 10 horas. Fai clic en: Programa – Cartel – Inscrición
[ TRANSFORMACIÓN DE EMPRESAS MERCANTÍS EN COOPERATIVAS ]
Transformación de empresas mercantís en cooperativas | 5 e 12 de decembro 2023 | Na Coruña | Imparten Xedega s. coop. galega, Abeluria s. coop. galega, Cerne s. coop. galega e a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (Faecta) | Duración 10 horas. Fai clic en: Programa – Cartel – Inscrición
ACTIVIDADE REALIZADA NO MARCO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN 2023 ENTRE A UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP E O CONCELLO DA CORUÑA.