La Unión de Cooperativas EspazoCoop apoya las metas y las demandas del movimiento feminista para la huelga del 8 de Marzo
En harmonía coa identidade cooperativa, cos principios do movemento cooperativo internacional, e cos valores da Unión que ten vocación de influencia na sociedade e de transformación social, EspazoCoop apoia o propósito da folga feminista, e anima tanto ás cooperativas socias como a toda a sociedade a reflexionar que se pode facer para cambiar a situación.
O movemento feminista quere “Impulsar o debate social, visibilizar as denuncias, e recoñecer as contribucións que fan as mulleres”, e neste sentido das contribucións (segundo os últimos datos de EspazoCoop), o 65,33 % da participación nas iniciativas da Unión ven das mulleres, e o 52,58 % das mulleres usuarias están nunha cooperativa ou organización de economía social. Historicamente o cooperativismo ven contribuíndo á igualdade e ao empoderamento social e económico das mulleres, sendo unha ferramenta favorecedora para erradicar a desigualdade.
Por que e para que unha Folga Feminista?
O movemento feminista internacional organiza e convoca este 8 de marzo unha nova folga global, desbordando o concepto tradicional de folga porque vai máis alá da esfera laboral, exténdese a máis espazos no que a participación das mulleres é nuclear :
- O emprego
- Os coidados
- O consumo
- A educación
O Argumentario da convocatoria é un documento elaborado nun proceso participativo, plural e aberto. Detrás hai motivos e demandas que se pretenden conseguir a través da folga, e resalta áreas nas reivindicacións como a situación das violencias machistas, o control do corpo, as fronteiras (movilidade humana, racismo e xenofobia) e mesmo a economía (poñer a vida no centro, acceder a recursos, igualdade e sostenibilidade ambiental), e ao redor destes temas artéllanse propostas e o discurso.
- Acabar coas violencias machistas
- Transformar a economía para un reparto xusto do emprego, dos traballos de coidado e a riqueza
- Recoñecer o dereito a decidir sobre o corpo, a sexualidade e as traxectorias vitais
- Abolir as fronteiras e os sistemas racistas
Argumentario, fai clic
Máis información, fai clic