Xornada 26 setembro: Emprendemento Feminino

Somos Mulleres, Somos Emprendedoras, Somos Economía Social

A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo durante 2023 un convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, co obxetivo principal de impulsar un ecosistema emprendedor baixo modelos empresariais de economía social.

 

A Xornada Emprendemento Feminino, que se celebra o martes 26 de setembro no Cersia Empresa, é unha iniciativa que se realiza dentro do programa de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, busca dar a coñecer as oportunidades que ofrece o sector da economía social, fundamentalmente o cooperativismo, para os emprendementos que realizan as mulleres, debido ao seu carácter participativo, de recoñecemento da diversidade e de defensa da equidade.

Nesta xornada contaremos coa participación de María Rozas Pérez, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Primeira Tenenta de Alcaldesa, Concello de Santiago de Compostela, e da Ana Olveira Blanco, Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Ademais asistirán casos de cooperativas formadas por mulleres para falarnos dos seus proxectos: Comunidade Creativa S. Coop. Galega (Potenciar a mulleres creativas de xeito colectivo), 7 H Cooperativa Cultural S. Coop. Galega (Rachando estereotipos), Flying Fun S. Coop. Galega (actividades para achegarse ao inglés), Arabías S. Coop. Galega (Fomentando a igualdade), e O Cable Inglés S. Coop. Galega (Comunicación e proxectos).

Esta actividade está especialmente dirixida especialmente a mulleres emprendedoras, a entidades prescritoras que prestan servizos de apoio en procesos de emprendemento, e a calquera persoa interesada en achegarse a iniciativas empresariais protagonizadas por mulleres, no marco da economía social, e especialmente do cooperativismo.

Os obxectivos fixados para a xornada Emprendemento Feminino pasan por:

– Dar a coñecer as vantaxes e potencialidades da cooperativa para fomentar o emprendemento feminino.

– Identificar sectores de actividade con potencialidade emprendedora, no ámbito do municipio de Santiago de Compostela.

– Coñecer boas prácticas de emprendemento feminino na economía social.

– Xerar un espazo de networking que favoreza o coñecemento mutuo e a identificación de intereses que poida ser semente para procesos de creación e intercooperación baixo fórmulas da economía social.

 

Coñece o programa e inscríbete! a asistencia é gratuíta :

Fai clic nestes enlaces >>> Programa | Cartel | Inscrición

 

Roteiro Cooperativo ás 16 h.

Esta liña de acción integra ademais, unha ruta o 26 de setembro en Santiago de Compostela en horario de tarde, na que visitar cooperativas do municipio de Santiago de Compostela, coa finalidade de dar a coñecer o tecido das cooperativas e este modelo empresarial.

Inscrición ao Roteiro: neste enlace

—-

[Actividades dentro do Programa ‘Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social’, no marco de Compostela Móvese 2023, do Concello de Santiago de Compostela].