Co fin de facer partícipes desta celebración a todas as cooperativas galegas, e a todas as persoas que traballades a prol do cooperativismo, enviámosvos esta invitación para convidarvos a que veñades o próximo 1 de xullo ao acto que terá lugar en Lourenzá, na sede da cooperativa Terras da Mariña.
Para anotarvos só tedes que cubrir a ficha de inscrición que aparece na nosa web www.cooperativismogalego.com ou simplemente contestar no correo diadocooperativismo@xunta.gal ou no telf. 690 701 377 indicando o número de persoas que queredes vir, a cooperativa ou entidade á que pertencedes e facilitándonos un teléfono de contacto.
Comunicámosvos tamén que, para facilitar a vosa asistencia, habilitarase un servizo de transporte que sairá cara o lugar do acto dende diversos puntos de Galicia polo que, se tedes interese en facer emprego del, agradeceriamos que o indicásedes na mensaxe para que poidamos coordinalo con vós.
Prégase confirmar asistencia antes do 24 de xuño.
Agardámosvos!