Convocatoria: ‘Espazos Efímeros POP UPs’

 

 

 

 

Destinatarias:
– Persoas en procesos de emprendemento a través de fórmulas da economía social.
– Proxectos empresariais de economía social (cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, …).

Prazo de solicitudes: ata o 31 de marzo de 2019


A Unión de Cooperativas EspazoCoop convoca o programa Espazos Efímeros Pop Ups no marco do Proxecto Laces. Contará con dúas edicións que se desenvolverán no Mercado do Progreso de Vigo (Maio), e no Centro Comercial Marineda City da Coruña (Novembro), a súa finalidade será que as beneficiarias podan expor os seus produtos, servizos ou proxectos co obxetivo de realizar a promoción dos mesmos e o contraste co público.

A participación neste programa é gratuíta e espérase que sexa unha fonte de coñecemento, innovación, e modernización das estratexias de promoción dos produtos e servizos, ademais de ser unha iniciativa facilitadora do impulso de proxectos empresariais de economía social (ES).

Ademais do apoio loxístico de EspazoCoop durante a participación no Pop Ups, o programa consta de sesións formativas ou obradoiros coworking para os proxectos seleccionados (entre 15 e 20 proxectos).

BASES DA CONVOCATORIA POP UPs | FORMULARIO DE SOLICITUDE

[ A Unión de Cooperativas EspazoCoop é socia do Proxecto LACES. Xunto as entidades: Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a UTAD – Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Santo Tirso, a In.Cubo – Incubadora de Iniciativas Empresariais Inovadoras, Tec Minho, Agaca e Aesgal ]

cabecera