Asemblea xeral ordinaria de socias 2024

Venres 31 de maio 2024. Ás 10 horas.
Hotel NH Collection

Avda. do Burgo das Nacións 4 – Santiago de Compostela
9.30 h. en 1ª convocatoria, 10 h. en 2ª convocatoria.

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra o venres 31 de maio a súa Asemblea xeral ordinaria 2024.

Onde?: no Hotel NH Collection, Avda. do Burgo das Nacións 4 – Santiago de Compostela

Horario: 1ª convocatoria 9.30 horas  | 2ª convocatoria 10 horas.

Convocamos a tódalas cooperativas socias para que asistan á Asemblea prevista, co fin de participar nos temas a tratar, e acadar os obxetivos que nos marcamos para esta cita coa base social da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

A convocatoria e orde do día da Asemblea pódese consultar neste enlace

Para confirmar asistencia fai click aquí

A documentación da Asemblea publicarase nos próximos días neste enlace (espazo restrinxido a socias, se non contas coa clave, contacta e facilitámoscha)

A partir das 12 h. compartiremos a mañá co resto de entidades do Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal), con motivo do Día da Economía Social, nun acto con intervencións de representantes institucionais.Á finalización da sesión está previsto un petisco networking.

Estaremos encantadas/os de recibir ás socias de EspazoCoop.

Para máis información contacta coa Unión de Cooperativas EspazoCoop.