Asemblea xeral de Socias 2019, no marco da xornada ‘Galicia Rexión Amiga da Economía Social’

Mércores 05 Xuño 2019 – Hotel Los Abetos

Rúa San Lázaro s/n. Santiago de Compostela

 

  • Espazocoop celebrará a Asemblea 2019 o mércores 5 de xuño ás 9.30 h. en primeira convocatoria e ás 10 h. en segunda no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela, convocatoria para socias aquí
  • Será no marco da realización simultánea de asembleas das entidades que integran o Foro pola Economía Social Galega: Agaca, Cegasal, Aesgal e Aeiga, que tamén farán a súa asemblea ese día no Hotel.
  • Para pechar a Asemblea da Unión, ás 12 h. levarase a cabo un recoñecemento ás cooperativas socias de Espazocoop cunha traxectoria de máis de 30 anos. 

Hai que citar que a Asemblea está incluída no Programa das actividades do recoñecemento da Comisión Europea a Galicia como Rexión Amiga da Economía Social que promove a Xunta de Galicia, e que busca:

  • visibilizar na sociedade en xeral a Economía Social como un sector específico dentro da economía europea, española e galega;
  • mostrar as marcas e empresas da economía social, como unha alternativa de consumo e compra,
  • xerar espazos de intercooperación entre as entidades de economía social galegas.

Xornada ‘Galicia Rexión Amiga da Economía Social’ | 5 de xuño

Neste contexto, despois da Asemblea de Espazocoop (de 10 a 12 h.), está previsto un Café e a Xornada ‘Galicia Rexión Amiga da Economía Social’ que busca dar a coñecer ás axentes políticas e sociais e á cidadanía o papel da economía social en Galicia e formular os seus próximos retos, contará con relatorios e conferencias, actividades lúdicas e un Xantar-Networking (14.30 a 16 h.) que permitirá o intercambio entre entidades e persoas (poderase repoñer forzas cuns petiscos variados e ao mesmo tempo aproveitar para establecer relacións con outras cooperativas e entidades de economía social do Foro)

Na xornada intervirán un/unha representante da Comisión Europea, da Confederación Empresarial Española da Economía Social -Cepes-, e da Xunta de Galicia que presentará a Estratexia da Economía Social en Galicia.

Proximamente farase público o programa definitivo dos actos previstos para ese día.

Confirmación e inscrición á Asemblea e á xornada:

As cooperativas podedes confirmar asistencia á Asemblea e inscribirvos as actividades da Xornada neste enlace

Documentación da Asemblea:

As socias podedes acceder coa clave habitual neste enlace á Convocatoria e á Documentación.

Nota: Se non contas coa clave de acceso, contacta con nós para facilitarcha.

Esperamos verte!