9º FORO COOPERATIVO DE INVESTIGACIÓN XUVENIL
Animámoste a que participes nesta iniciativa co voso alumnado! 

Antes de ir de descanso e vacacións: Comunica interese ata a 5 de xullo 2019 – fase I

 

A Sectorial de Ensino da Unión de Cooperativas EspazoCoop vai colaborar na organización do 9º Foro Cooperativo de Investigación Xuvenil, que se ven impulsando dende a cooperativa Claimo – Colexio Alborada de Vigo e o Institut El Cairat de Barcelona, e ten carácter intercomunitario.

ANIMAMOS aos colexios cooperativos a sumarse a esta iniciativa que é portadora de valores e competencias cooperativas, e que resulta ser unha experiencia moi enriquecedora para toda a comunidade educativa.

1 Que se busca?
Promover a investigación, o traballo en equipo, o intercambio, e a divulgación

Preténdese promover a investigación entre o alumnado, empregando a aula, o laboratorio, o entorno e os medios materiais axeitados para adquirir as competencias básicas e motivalas no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas, etc., ademais de divulgar esta experiencia á comunidade escolar para que tamén se sumen a este tipo de actividades.

E que outros obxetivos ten?
–  Potenciar a investigación das alumnas e alumnos de secundaria e metodoloxías que promovan a análise, a creatividade e o inxeñio do alumnado.
– Fomentar a investigación como metodoloxía.
– Impulsar a difusión do seus resultados e a comunicación da ciencia.
– Introducir dinámicas que potencien o interese pola ciencia en xeral.
– Propiciar o acercamento das diferentes comunidades autónomas e o fomento da convivencia entre mozos e mozas de diferentes comunidades.

2 Quen pode participar?

– As Cooperativas de Ensino e outros Centros de Ensino
– O alumnado de secundaria, estudiantes da ESO (entre 1º e 4º)
– Excepcionalmente alumnado da última etapa de primaria (quinto e sexto)

3 Como é a divulgación dos Traballos de Investigación no Foro?

Os traballos se expoñen mediante presentación oral co apoio tecnolóxico que precise o grupo de alumnas/os, durante un máximo de 10 minutos (co apoio de power point, prezi…).

4 Cales son os ámbitos dos traballos?

Os ámbitos dos traballos están abertos a calquera tema que fora  investigado e estudado con rigor e seguindo as pautas do método científico.

5 Onde e cando se celebra o Foro?

Lugar: Galicia (Pendente de determinar a sede) | Días: 21, 22 e 23 de novembro de 2019

(Os dous primeiros días destinados á actividade divulgadora do Foro, e o último destinado a unha visita cultural opcional)

6 Comunicación de interese en participar

Estamos iniciando os traballos de organización deste evento, e nesta fase precisamos ir coñecendo se o teu centro está interesado en participar no 9º Foro. Por favor, fáinolo saber ata o 5 de xullo de 2019 no email teresa@espazo.coop

Nestes momentos podemos dicir que 7 centros xa comunicaron o seu interese en participar no 9º Foro,  e que algúns deles son cooperativas de ensino:
– Escola Bertran – Barcelona
– Colexio Santiago Apostol – Soutomaior
– Colexio Alborada – Vigo
– El Cairat – Barcelona
– CPI Uxío Novoneira (Courel)
– IES Ortigueira – Ortigueira
– Sagrada Familia – Cangas

Animámoste a participar nesta experiencia.

Links de interese sobre Foro anterior:

8º Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil 2018