Un ano máis, desde REAS Galicia organízase o Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia. Será o día 6 de abril (das 11 ás 18 horas) na cooperativa Centro Equal (Coles, Ourense). [Localización en Google Maps]

O Encontro deste ano vai xirar ao redor do mercado social e sería estupendo que asistan entidades novas que compartan o obxectivo de concretar un Mercado Social galego, ademais de medrar na base social de REAS-Galicia.

Este vai ser o programa do día:

11.00 – 11.15    REAS, e isto para que serve?.

11.15 – 13.00    REAScunchiño. Micropresentacións das entidades presentes no Encontro.

13.00 – 14.30   Dinamizar un mercado social (mesa + obradoiro).

14.30 – 16.30    Xantar e paseo para tecer rede.

16.30 – 18.00   Actividade lúdica sobre consumo responsable.

Para participar, podes inscríbete neste formulario (non esquezades sinalar se vas en representación dunha entidade). Nel poderás indicar se queres reservar o menú vegano que prepararán no Centro Equal ou se vades ir con crianzas (están organizando actividades para elas). O menú vai ter un prezo de 10 euros (8 euros polo propio menú e 2 euros de achega para axudar cos custos do evento).

Irán ofrecendo información actualizada no evento do Facebook.

Esperamos verte o día 6!

 

Saber máis:

– MERCADO SOCIAL (Portal da Economía Solidaria) : aquí

– O Centro Equal é unha cooperativa de traballo que conta cun espazo de ocio, disfrute e aprendizaxe en plena natureza. Todas as actividades e programas que desenvolven básanse en principios cooperativos e ambientais.

[ A Unión de Cooperativas EspazoCoop é socia de REAS Galicia ]