ESPAZOCOOP é entidade colaboradora e amiga de PONT-UP STORE 2017, o prazo para recibir candidaturas está aberto :

 

 

 

 

PONT-UP STORE 2017
21-23 SETEMBRO / PRAZA DE ESPAÑA / PONTEVEDRA

Inscribe a túa empresa a través da web pontupstore.com

Podes escoller ata o 9 de xullo entre 3 modalidades de participación gratuítas:

  • DISPOÑER DUN STAND SEN CUSTE durante dous días.
  • PROPOÑER ACTIVIDADES para o programa.
  • PARTICIPAR NO ‘PUNTAZO EXPRÉS’ onde terás a oportunidade de presentar o teu emprendemento a importantes empresas e entidades.
Podes solicitar unha ou varias opcións cun mesmo ou diferentes emprendementos.
Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades do 30 de maio ao 9 de xullo a través da web www.pontupstore.com.
PONT-UP STORE 2017 / 21-23 SETEMBRO, PONTEVEDRA
FACEBOOKTWITTERYOUTUBELINKEDININSTAGRAMSOUNDCLOUD
PONT-UP STORE 2017
PONT-UP STORE 2017