Dende a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia queren facervos partícipes da terceira edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, que promociona o talento feminino nas entidades de economía social. Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.
O programa conta con dous itinerarios diferentes:
1| un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección
2| e outro para socias e traballadoras.
En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.
As novidades desta edición consisten nun adianto en datas, xa que a formación celebrarase no primeiro semestre, e a incorporación de titorías individuais para as participantes. Así mesmo, contaremos co II foro participativo aberto a todas as mulleres da Economía Social Galega.
Esta iniciativa resulta de especial interese para todas as organizacións galegas da economía social.
Toda a información relativa a ambas as dúas formacións: docentes, programa completo, horarios, etc. podes consultala nas seguintes ligazóns: curso directivas e curso socias.
As inscricións poden realizarse a través dos formularios web (para directivas e socias), no enderezo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou no teléfono 651 394 409.
O prazo para inscribirse remata o 29 de marzo de 2019.
MEDRANDO XUNTAS
Talento feminino na economía social en Galicia
Secretaría Xeral de Emprego. Xunta de Galicia
medrandoxuntas.emprego@xunta.gal
651 394 409 | 676 531 453